Nauplio foi o fillo de Poseidón coa ninfa Amimone, unha das cincuenta fillas de Dánao.
A lenda conta que un sátiro intentou violar á danaide Amimone mentres cazaba, ou ben mentres ía coas súas irmás a buscar auga, dada a seca que padecía o país de Argos Seca que, precisamente, provocou Poseidón, anoxado porque os deuses-río decidiran que o país pertencera a Hera, cando Poseidón pretendíao para si.. Ela pediu auxilio e acudiu Poseidón, que axotou ó sátiro lanzándolle o tridente, pero este esquivouno e o tridente cravouse nunha rocha. A seguir, xaceu con Amimone e procreou a Nauplio. Estrabón engade que Poseidón fixo abrollar alí mesmo unha fonte, da rocha na que se cravara o tridente, que se chamou fonte de Lerna e da que nace o río Amimonio Ou ó revés, fonte Amimone, que posteriormente se denominará como de Lerna (Hixino: Fábulas 169A)..
Este Nauplio foi un dos Argonautas Hixino (Fábulas 14, 11) déixao ben claro: na relación de argonautas cita a "Nauplio, fillo de Neptuno e de Amimone, filla de Dánao, de Argos". Doutras fontes dedúcese que se trata doutro Nauplio.. Tivo dous fillos: Damastor, o avó de Polidectes e de Dictis Dictis foi quen recolleu a Dánae e ó seu fillo Perseo cando o pai daquela, Acrisio, botounos ó mar dentro dun cofre. Pero o seu irmán Polidectes namorouse de Dánae e, para librarse da presenza de Perseo, mandouno traer a cabeza de Medusa., e Preto, avó de Náubolo. Un dos bisnetos de Preto recibiría tamén o nome de Nauplio, polo que para diferencialos coñecerase como Nauplio II, pero o certo é que se pode comprobar como os mitógrafos confúndennos en ocasións.
Segundo Pseudo-Apolodoro, Heracles seduciu a Auxe, filla de Aleo, e tivo un fillo, Télefo. Para que o pai non se decatara, deixouno nun templo de Atenea, pero Aleo terminou sabéndoo e abandonou o meniño no bosque, onde foi criado por unha cerva, e entregou a Auxe a Nauplio para que a vendera como escrava. Pero Nauplio, no canto de vendela, entregoulla a Teutrante, rei de Teutrania, quen casou con ela Pseudo-Apolodoro II, 7, 4 e III, 9, 1. O caso é que noutro lugar, no Libro III, 2, 1-2, relata un sucedido semellante pero protagonizado polo outro Nauplio (o fillo de Clitoneo): aquí son dúas fillas de Catreo, fillo de Minos, Aérope e Clímene, que son entregadas polo pai a Nauplio para que as vendera fóra do país, pois un oráculo prognosticara que ía morrer a man dun dos seus fillos, pero Nauplio prefiriu casar con Clímene e entregar Aérope a Plístenes, pai de Agamenón..
A mitoloxía grega considérao o fundador da cidade de Nauplia (no golfo Argólico, na costa leste do Peloponeso) Pausanias: Descripción de Grecia II, 38, 2..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega