A das Xelidiais (Gelidiales) é unha orde de rodófitas da clase das florideofíceas e subclase das rodimeniofícidas.Gelidiales Kylin, 1923 no WoRMS. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1923 polo botánico sueco, especializado en ficoloxía, Johann Harald Kylin, no seu traballo "Studien über die Entwicklungsgeschichte der Florideen", publicado en Kongliga Svenska Vetenskaps-Akademiens Handlingar, Ny Följd 63 (11): 1–139.
Etimoloxía O nome científico Gelidiales está formado sobre a raíz Gelidi- do seu xénero tipo, Gelidium, coa adición do sufixo do latín científico -ales, propio dos nomes das ordes de vexetais.Gelidiales no Merriam-Webster Dictionary.
Familias Segundo o WoRMS, a orde comprende as seguintes catro familias: Gelidiaceae Kützing, 1843 Gelidiellaceae Fan, 1961 Orthogonacladiaceae G.H.Boo, Le Gall, K.A.Miller & S.M.Boo, 2016 Pterocladiaceae G.P. Felicini & C. Perrone, 2006
Porén, o ITIS só recoñece tres: Gelidiales no ITIS. Gelidiaceae Gelidiellaceae Pterocladiaceae
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Boo, G. H. et al. (2016): "A novel phylogeny of the Gelidiales (Rhodophyta) based on five genes including the nuclear CesA, with descriptions of Orthogonacladia gen. nov. and Orthogonacladiaceae fam. nov". Molecular Phylogenetics and Evolution 101: 359–372 Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2021): Order Gelidiales. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Kamiya, M. et al. (2017): "Rhodophyta". En: Syllabus of Plant Families, 13th ed. Part 2/2: Photoautotrophic eukaryotic Algae. (Frey, W. Eds). Stuttgart: Borntraeger Science Publishers. ISBN 978-3-4430-1094-2.
Ligazóns externas Gelidiales na EOL. Ilustracións na EOL.
Categoría:Xelidiais