Carmen Isabel Álvarez Lorenzo, nada en Santiago de Compostela en 1970, é unha farmacéutica, e académica especializada no campo dos novos sistemas poliméricos para aplicacións farmacéuticas e biomédicas.

Traxectoria Carmen Álvarez é licenciada e doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese "Hidroxipropilcelulosas (L-HPCs y HPCs) como excipientes base en liberación controlada: importancia", lida en 1998 e dirixida polo Dr. Ángel Concheiro Nine.USC. Portal de investigación. Consultado o 27 de setembro ce 2022.

Realizou unha estadía entre 1998 e 2001 no Departamento de Física e Centro para Ciencia e Enxeñaría de Materiais no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). Posteriormente, incorporouse como investigadora do Programa Ramón y Cajal ao Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, no que é profesora dende o 2007 e catedrática dende outubro do 2020.

Realiza o seu labor investigador no grupo I+DFarma, sendo coautora de numerosos artigos en revistas indexadas, comunicacións a congresos, dous libros e 17 patentes. É membro de consorcios europeos orientados ao deseño de novos sistemas de administración de fármacos para enfermidades oculares e a sistemas trampa para células tumorais. Recentemente foi nomeada fellow da asociación American Institute for Medical and Biological Engineering (AIMBE).

Participa activamente en actividades de achegas á Ciencia (Campus de Verán da FECYT) e para persoas maiores a través do Cuarto Ciclo. Ademais de coordinar o mestrado Interuniversitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía.

É académica de número da Real Academia de Farmacia de Galicia, e foi distinguida con diversos premios. Entre eles a medalla Ánxeles Alvariño González, da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da Real Academia Galega de Ciencias.

O 27 de setembro de 2022 ingresou como académica de número na Real Academia Galega de Ciencias, ocupando unha cadeira na Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde.

E n 2026 foi Premio Nacional de Investigación Blas Cabrera, na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra, pola súa "destacada carreira na ciencia dos materiais biomédicos".

Publicacións, teses dirixidas, membro de Tribunais de teses e patentes A doutora Álvarez Lorenzo é autora de 372 publicacións (1 libro, 14 capítulos de libros, 340 artigos, 11 relatorios en Congresos e 6 máis), dirixíu 30 teses de doutoramento, partcipou como membro en 20 tribunais de teses de doutoramnto, e rexistrou 16 patentes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Carmen Isabel Álvarez Lorenzo en USC. Portal de incestigación .

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Membros da Real Academia de Farmacia de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia Categoría:Nados en 1970