Agustín Baamonde Díaz, nado en Vilalba o 8 de maio de 1950, é un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en dereito pola USC. Concelleiro en Vilalba, en 1987 foi nomeado Primeiro tenente de alcalde. O 22 de xaneiro de 1990 foi elixido alcalde en substitución de José María García Leira. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata o 12 de maio de 2005 que deixou o cargo ao ser elixido deputado no Parlamento de Galicia. Foi deputado provincial (1991-2005). O 2 de novembro de 2016 substituíu a Gerardo Criado Guizán na alcaldía de Vilalba.

Nas eleccións municipais de 2019 foi sucedido na alcaldía por Elba Veleiro, do PSdeG.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Vilalba

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Alcaldes de Vilalba Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1950