miniatura|dereita|Un camión de Renault Sport F1 na A26 preto de Calais, Francia.

Renault Sport F1 é a encarnación actual da participación de Renault na Fórmula 1., fundada a finais de 2010, cando o fabricante de automóbiles vendeu o 25 por cento da súa participación na propiedade do equipo Renault F1 con base en Enstone, ao accionista principal Genii Capitalhttp://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/9267715.stm, pero mantivo o control para si mesmo da fábrica de motores de Viry Châtillon.

Papel na Fórmula Un

A actividade principal de Renault Sport F1 é proporcionar motores (RS27 V8, 2´4 litros) para seus equipos asociados (a partir de Lotus Renault GP, Equipo Lotus e Red Bull Racing). Tamén dá un punto central de contacto do Kinetic Energy Recovery System (KERS) no motor, a integración e adecuación déixase enteiramente aos equipos.

Como provedor de motores, envía 30 persoas a cada carreira. Todos os socios contan con equipos de seis persoas de Renault Sport F1 (2 Enxeñeiros, 2 técnicos, un enxeñeiro de soporte para o motor e un electricista). Un total de 48 motores fornécense durante a tempada.

Renault F1 como provedor de motores: Historia e desenvolvemento Despois de diferentes designacións e status, a fábrica de motores de Fórmula Un de Renault, sempre tivo a mesma sede, aínda que profundamente remodelada a través dos anos, en Viry-Chatillon, Francia.

Era Renault Sport (1977-1986) A finais de 1976, Renault pechou o departamento de competición de Alpine (nese momento, a súa principal división no deporte do motor), situado en Dieppe, e trasladou as actividades de competición a Viry-Châtillon, nos arredores de París. A nova filial resultante da fusión entre Renault-Gordini e o mencionado departamento de competición de Alpine chamouse Renault Sport, e que tería que encargarse da entrada do equipo na F1. Fabricou o primeiro motor Turbo que se viu na categoría, o Renault-Gordini-Elf Type EF1 V6 1.5 litros, nun momento no que os motores atmosféricos de 3 litros eran predominantes.

En 1983, Renault Sport converteuse no provedor de motores de Lotus.

En 1986, púxose fin á participación do equipo Renault na F1 pero continuou como provedor de motores para Ligier, Tyrrell e Lotus. Esa tempada introduciu o motor EF15 B, que de feito incluía importantes innovacións. A finais do ano, con todo, Renault retirouse do deporte.

Renault F1 (1989-1997) En 1989, coa prohibición dos turbo e a imposición dos motores atmosféricos, volveu a fábrica de Viry (chamada nesta ocasión Renault F1, como unha división de Renault Sport). Asinouse un acordo de asociación con Williams, fornecendo os motores RS1. O RS1 foi único por varias características. Era un V10 de ángulo pechado (67º) de 3´5 litros, V8 cando os rivais utilizaban V8 ou V12.

En , o Renault RS4 (cunha nova culata para o aumento da velocidade do motor), con Williams, gañou o primeiro título de Construtores para o fabricante de automóbiles. Nigel Mansell, piloto de Williams, tamén gañou o título de pilotos.

Entre e , Ligier utilizou os motores de Renault.

En , o RS5 redeseñouse (o consumo, a combustión e a sincronización) para aumentar a potencia e as optimizacións, permitindo o retorno triunfal de Alain Prost.

En , o regulamento reduciu a tres litros o desprazamento máximo do motor, polo que os enxeñeiros tiveron que adaptarse. O RS7 mantén o mesmo ángulo que os deseños anteriores, pero era máis lixeiro e acloparon por primeira vez a un acelerador fly-by-wire. Benetton uniuse como cliente dos motores Renault, o ese mesmo ano, gañou os dous títulos.

Renault deixou de novo a F1 a finais de , e as últimas evolucións do motor, o RS9, aínda se usaron para moitos equipos durante as seguintes tempadas. Con todo, Renault seguiu traballando co seu vello socio Mecachrome, que fornecia e daba asistencia técnica aos RS9 cos nomes de Mecachrome, Supertec e Playlife.

Mecachrome GC37-01 era a versión do RS9 usada por Williams en .

En , o FB01 Supertec foi montado por Williams e BAR. Incluso en , unha segunda evolución do Supertec (o FB02) impulsou os coches Arrows.

Era Renault F1 Team (2002-2010) Benetton continuou coa súa propia adaptación do RS9 coñecido como Playlife (de feito, un Supertec) ata , cando o equipo comezou a utilizar motores Renault de novo de Viry. En (logo da compra de Renault no 2000) o equipo con base en Enstone e a fábrica de motores de Viry combináronse para crear o Renault F1 Team. O RS25, motor V10 de 3.0 litros e o RS26, motor de 2.4 litros V8, equiparon os coches de Campións do Mundo. Renault foi o primeiro fabricante en lograr ese fito.

Desde , a FIA conxela a mellora dos motores. Ese ano, Renault, comezou un acordo a longo prazo con Red Bull para ser o seu provedor de motores, o que sería unha moi sabia decisión no futuro.

En , Renault foi autorizado para realizar algunhas actualizacións no seu motor, o RS27.

Renault Sport F1 (2011 -) En , Renault Sport F1 Team agregou a Team Lotus aos seus clientes principais de motores, Red Bull Racing e Lotus Renault GP.http://www.f1technical.net/news/15631

Axudou a facerse cos títulos de pilotos e de construtores a Sebastian Vettel e a Red Bull.

Para o , Williams regresará á a súa asociación histórica con Renault, recibira os motores RS27. A sociedade terminara a finais de , cando as novas normas dos motores entraran en efecto, pero hai unha opción para a renovación.http://www.autosport.com/news/report.php/id/92843 Un acordo con Red Bull foi asinado ata , o que significa, que o equipo vai utilizar os novos motores V6 Turbo fabricados por Renault.

Team Lotus confirmou que tamén utilizará motores Renault ata finais de 2013. Emprégara un KERS desenvolvido por Renault Sport F1 e Red Bull Technology.

O director do equipo Lotus Renault GP, Éric Boullier, di que seguen negociando co provedor de motores francés debido á súa longa relación e o patrocinio de Total.

O CEO de Renault, Carlos Ghosn, comentou nunha entrevista a fin de semana do primeiro Gran Premio da India que non había plans para regresar cun equipo oficial e o papel actual da compañía era como provedor de motores por un longo período.

A partir de 2012 substituirá a Jean-Michel Jalinier o actual presidente de Renault Sport F1, Bernard Rey.. Jalinier é un antigo empregado de Renault, e está traballando actualmente para a súa filial no Brasil como presidente.

RS27 especificacións Denominación: RS27-2011

Configuración: 2´4L V8

RPM: 18000 (o máximo permitido pola FIA)

Potencia de saída: Máis de 720 CV

Peso: 95 kg (mínimo permitido pola FIA))

Notas

Véxase tamén Outros artigos Renault F1 Ligazóns externas Renault Sport F1

Categoría:Renault Categoría:Fórmula 1