Edelmiro Álvarez Jiménez,Dicionario biográfico de Galicia, T. 1, p. 40, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. máis coñecido como Delmi Álvarez ou Miro Álvarez, nado en Vigo o 8 de xullo de 1958, é un fotógrafo documentalista galego. Traxectoria
Comezou traballando para A Nosa Terra, La Región e El País. Participou na fotobienal de Vigo en 1984 e 1986.
En 1987 foi un dos cofundadores do Diario de Galicia. A idea deste xornal xurdiu a finais da década de 1970, cando xornalistas de Vigo falaron de crear un proxecto de xornal independente que lle fixese competencia a nivel local a Faro de Vigo. En 1977, durante unha festa en Mondariz, Segundo Mariño, Antonio Ojea e varios máis avanzaron máis na procura dun socio capitalista e axudas para facer posible un nodo diario. No 1987, Segundo Mariño conseguiu un socio capitalista e chamou a Delmi Alvarez a Toronto, que residía no Canadá, quen despois dun tempo e vendo que o proxecto ía adiante retornou e formou parte como cofundador xunto a Antonio Ojea e Pepe Barro, para ser responsable da parte fotográfica. Cun acordo con Canon, asinaron un intercambio de publicidade nas páxinas do xornal. O departamento de fotografía era un dos máis fortes do xornal, formado por unha parte central onde estaba a mesa dos fotógrafos e dous laboratorios a ambos os lados, para cor e branco e negro.
En 1987 acadou o premio Fotopress por Instantáneas. Entre 1990 e 1991 estivo en Cuba desenvolvendo o proxecto fotográfico Cuba, el ultimo bastion: la lucha de un pueblo, co que acadou de novo o premio Fotopress. Entre 1991 e 1993 estivo en Croacia e Bosnia e Hercegovina cubrindo as guerras iugoslavas para La Voz de Galicia.
Entre 1989 e 2009 desenvolveu o proxecto Galegos na Diáspora, fotografando personalidades da diáspora galega. O proxecto foi editado en forma de libro pola Secretaría Xeral de Emigración. O autor presentou a obra na Library of Congress en Washington e na CUNY, na Universidade de Nova York, ante os emigrantes galegos que viven nesas cidades. Porén, o libro non recibiu atención en Galiza. Sobre a diáspora galega realizou tres documentais en coprodución coa Televisión de Galicia. O Rei galego de África, A última fotografía e Galegos da Guaiana venezolana. En dous destes documentais participou o xornalista galego Arturo Lezcano Fernández. Posteriormente filmou Fuga de cerebros, sobre a vida de catro parellas de científicos galegos na diáspora en Colonia, Alabama, Estocolmo e París no que falan das vicisitudes para investigar na universidade galega, as mafias, familias e demais que impiden levar a cabo traballos que sirvan de proveito para Galiza. O documental non chegou a coproducirse coa TVG aínda que existía un pacto verbal cos seus responsables, pero ao trocar a dirección foi rexeitado.
En 2012 fundou o proxecto Photoyouth para nenos con discapacidade e problemas económicos ou familiares. Apoiado por unha bolsa da Unión Europea (Interreg), no proxecto participaron máis de 200 nenos, profesores e escolas das cidades de Riga (Letonia), Vyborg, San Petersburgo e Pskov (Rusia), entre elas unha de nenos cegos. As imaxes finais do proxecto exhibíronse nesas cidades e en Bruxelas, ademais de publicarse nun libro.
En 2013 documentou a minería con cianuro e os proxectos mineiros que empresas canadenses estaban a levar a cabo en diferentes puntos de Europa no proxecto In the name of Gold. En novembro de 2014, unha selección de imaxes do proxecto formou parte dunha exposición en Estados Unidos na universidade Yale School of Forestry Environmental Studies, baixo o título Digging Gold, conxuntamente con Larry C. Price, Ron Haviv e Robin Hammond. O evento foi organizado e co-porducido por F&ES SIGs: International Society of Tropical Foresters (ISTF), Yale Extractive Industries Working Group (XWG), Health & Environment at Yale, Environmental Justice at Yale, Latin America SIG and Africa SIG; The Earth Institute of Columbia University e The Pulitzer Center on Crisis Reporting.
Entre 2003 e 2016 documentou o movemento migratorio das persoas que se desprazan a Europa no proxecto Transmigrants presentado ao público como un proxecto educativo e documental para o estudo das vindeiras xeracións.
Dende 2006 documenta incendios na Galiza e Portugal.
Delmi seguindo a súa traxectoria nos proxectos etnográficos e antropolóxicos filmou aos himba en Namibia no documental Himbas, struggle for survive, que nunca se chegou a emitir.
En 2018 comeza a fotografar un novo proxecto Outras Diásporas sobre a inmigración a Galiza.
No ano 2014, comezou estudos de Antropoloxía Social e Cultural.
O 22 de xuño participa no seminario do 1º encontro de fotografía documental contemporánea galega "FX Ollos para ver"Ollos para ver organizado pola Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
O 28 de xullo de 2023 presentou o libro Cuba 1991, xunto con Ana Miranda e X.M. Crego na Asociación de Mulleres de Moaña.nova
No ano 2025 escribe e presenta un proxecto xornalístico sobre Altrinova ao prestixioso certame de bolsas Journalismfund en Bruxelas, recibindo honorarios para crear un equipo de xornalistas que conxuntamente publicaron en Nós Diario na versión dixital e en Sermos (papel) o proxecto: Altri: Greenwashing and Environmental Destruction in Galicia
No ano 2026 presentou, xunto a xornalistas de La Región, Ileón, Mediotejo.net, Público.pt e Público.es un proxecto a Journalismfund sobre os incendios no triángulo de lumes que forman Galiza, León e Norte de Portugal, para investigar a procedencia e orixe dos mesmos, a oligarquía das empresas de medios aéreos que reciben cartos públicos para apagar lumes por necesidade imperiosa. Público.es denunciou en varios reportaxes este feito. O comité das bolsas decidiu que o tema, que é interesante, xa estaba cuberto polos medios de comunicación.
Obra Reporteiro de guerra en Iugoslavia, crónica autobiográfica (Ed. Xerais, 1994) O Camiño de Santiago. Tres edicións do proxecto sobre o camiño por diferentes fotógrafos galegos e internacionais. Mar. Proxecto de libro sobre a pesca galega coa ollada de catro fotógrafos: Ian Berry e Richard Kalvar (Axencia Magnum Photos), Xulio Villarino , Delmi Álvarez e Gert Van Kesteren. Non chegou a publicarse. Retrospectiva. Exposición e libro publicado polo Concello de Vigo. Diáspora galega 1989-2009 (2017) Érase unha vez en Europa, Guerra dos Balcáns. 2021 La isla resiliente. A crise social e económica que creou o volcán na illa de La Palma. 2022 Galegos na Diáspora. Terceira edición, con Verkami. 2022. Cuba, 1991. Libro de fotografía documental no Período Especial de Paz no 1991. Fuga de cerebros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas http://www.delmialvarez.com/ http://www.delmialvarez.photoshelter.com Galegos na diáspora
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Fotoxornalistas Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1958