miniatura|Anciño tradicional de madeira, incluídos os dentes miniatura|Anciño moderno para angazar follas O angazo é unha ferramenta agrícola, tamén denominada anciño, ancazo, enciño, engazo, rastrelo e rastra.

Etimoloxía Non existen datos que testemuñen con exactitude a orixe das formas galegas máis estendidas para este instrumento. Os vocábulos galegos angazo e engazo, e mais as variantes correspondentes ás zonas de gheada e seseo, poden ter orixe nunha suposta forma latina non rexistrada hamicaceusOu en hamica como postula Harri Meier en Notas críticas al DECH de Corominas / Pascual. Verba. Anuario Galego de Filoloxía, anexo 24, 1984, pp 24-26, e que derivaría de hamus (co significado clásico de anzol ou gancho)J. Almeida Costa e A. Sampaio e Melo, Dicionário da Língua Portuguesa. Porto. 1979, 5ª edic.. Anciño e enciño, e mais as súas variantes con seseo, puideron derivarse dunha suposta forma latina non rexistrada uncinus, que sería derivada de uncus (co significado clásico de gancho)Porto Dapena, J.A., El gallego hablado en la comarca ferrolana. Verba, Anejo 9. Santiago 1977, páx. 67 infra.. Finalmente, os termos rastra e rastrelo deberon ter orixe na forma do latín clásico rastrum, que se aplicaba a diversas ferramentas do traballo agrícola. Tamén pode vir de xermánico *angon = 'espiña, pincho'Vladimir Orel, A handbook of germanic etymology, aínda que a etimoloxía máis posible é a que se basea nun prerromano *ankatio e *ankino en relación ao asturiano angazu ou angüezu < *ankotio, irlandés antigo écath 'anzol' < *ankoto, medio galés anghad < *ankotoObaya Valdés, Marcos 2017 "Averamientu al astúricu. Vocalización de les nasales del grau-cero indo-européu: *mo > am / *no > an, y delles propuestes etimolóxiques". Lletres asturianes Nº. 117, páxs. 63-80.

Descrición Orixinariamente elaborado integramente en madeira e que consiste nunha travesa mangada sobre a que se insiren varios dentes (8 ou 10) algo aguzados e que serve para rastrelar e amorear follas, herba, palla etc.

Os angazos e anciños modernos poden estar fabricados con outros materiais, como metais nos máis resistentes e para labores máis pesados, e con plásticos, cana, bambú etc, para traballos máis lixeiros, como os de xardinaría.

Historia miniatura|upright|A muller da esquerda do espectador está a manexar un angazo, ·Xuño", ilustración de 1412-1416, dos Irmáns Limbourg, no Les Très Riches Heures du Duc de Berry Pode figurar tamén como motivo heráldico en escudos familiares.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Apeiros agrícolas