Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e EuropaDependendo das fontes, considérase que Xeorxia é un país asiático ou europeo. A ONU (ver a súa clasificación das rexións do mundo) sitúa a Xerxia en Asia occidental; The World Factbook , da CIA, National Geographic e a Encyclopædia Britannica tamén considera que Xeorxia se encontra en Asia. Non obstante, existen outras fontes segundo as cales é un país europeo, como a BBC, os dicionarios Oxford Reference Online e Merriam-Webster's Collegiate Dictionary, e www.worldatlas.com. localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, ao leste e sur con Azerbaidján, ao sur con Armenia e Turquía, e ao oeste co Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.
Historia miniatura|esquerda|150px|Rei David IV de Xeorxia A Xeorxia antiga e medieval Dous reinos xeorxianos na antigüidade, Iberia no leste do país e Cólquida no oeste foron as primeiras nacións da rexión en adoptar o Cristianismo (317 e 523, respectivamente). Egrisi presenciou con frecuentemente batallas entre os rivais Persia e Imperio Bizantino, os cales pretendían conquistar Xeorxia cada certo tempo.
Como resultado disto, estes reinos foron desintegrados en varias rexións feudais nos primeiros anos da Idade Media. Isto fixo doado aos árabes conquistaren Xeorxia no século VII. As rexións rebeldes foron liberadas e unidas ao Reino de Xeorxia nos comezos do século XI. Comezando o século XII, o dominio de Xeorxia estendeuse sobre gran parte do Cáucaso meridional, incluíndo zonas nororientais e case toda a costa norte da actual Turquía.
Este Reino de Xeorxia, que era tolerante cos seus súbditos musulmáns e xudeus, foi subordinado polos mongois no século XIII. Consecuencia diso foi que os diferentes gobernadores locais pelexaron pola súa independencia do goberno xeorxiano central ata a total desintegración do Reino no século XV. Os reinos lindeiros aproveitaron a situación, e dende o século XVI o Imperio Persa e o Otomán subxugaron o leste e o oeste de Xeorxia, respectivamente. Os gobernadores destas rexións, que conservaran en parte a súa autonomía, organizaron rebelións en varias ocasións. Sucesivas rebelións locais e invasións persas e otomás acabaron por debilitar aos reinos. Como resultado das guerras contra os estados islámicos a poboación de Xeorxia viuse reducida a 250.000 habitantes.
Protectorado e anexión ao Imperio Ruso En 1783 Rusia e o reino occidental xeorxiano de Kartl-Kakheti asinaron o Tratado de Georgievsk, de acordo co cal Kartl-Kakheti recibía a protección de Rusia. Isto, con todo, non evitou que Tbilisi fose saqueada polos persas en 1795.
O 22 de decembro de 1800 o tsar Paulo I de Rusia, para beneficio da petición do rei xeorxiano Xurxo XII, asinou a proclamación correspondente á incorporación de Xeorxia (Kartl-Kakheti) ao Imperio Ruso. A proclamación foi anunciada o 18 de xaneiro de 1801.
Só unha pequena parte da nobreza xeorxiana se someteu, mentres outros organizaron rebelións antirrusas en varias ocasións. No verán de 1805 pequenos destacamentos rusos no río Askerani e preto de Zagam derrotaron ao exército persa e protexeron Tbilisi. En 1810, logo dunha curta guerra, o reino xeorxiano occidental de Imereti foi anexado polo tsar Alexandre I de Rusia. O derradeiro rei imeretio e Bagratid xeorxiano Salomón II morreu no exilio en 1815. Dende 1803 a 1878, como resultado das numerosas guerras rusas contra Turquía e Irán, algúns territorios foron anexados a Xeorxia. Estas zonas (Batumi, Artvin, Akhaltsikhe, Poti e Abkhazia) agora representan a maioría do territorio xeorxiano.
O principado de Guria foi abolido en 1828 e o de Samegrelo (Mingrelia) en 1857. A rexión de Svaneti foi gradualmente anexada entre 1857 e 1859.
A República Democrática e a era soviética miniatura|210px|Declaración de Independencia en 1918 Logo da Revolución Rusa de 1917 Xeorxia declarou a súa independencia o 26 de maio de 1918 no medio da guerra civil rusa. As eleccións parlamentarias foron gañadas polo Partido Xeorxiano Socialdemócrata e o seu líder, Noe Zhordania, converteuse no primeiro Ministro. Con todo, a independencia non perdurou: en febreiro de 1921 Xeorxia foi atacada polo Exército Vermello. As tropas locais perderon a batalla e o goberno fuxiu do país. O 25 de febreiro de 1921, o Exército Vermello entrou na capital Tbilisi e instaurou un goberno monicreque de corte comunista liderado polo bolxevique xeorxiano Filipp Majardze. Xeorxia foi incorporada á República Socialista Soviética de Transcaucasia, uníndose Armenia e Azerbaidján. A RSST foi disolta nos seus compoñentes orixinais e en 1936 pasou a ser a RSS de Xeorxia.
O radical xeorxiano Iósif Dzhugashvili, prominente entre os bolxeviques rusos, chegou ao poder no Imperio Ruso logo da Revolución de Outubro de 1917. Yugashvili foi máis coñecido polo seu alcume Stalin (do ruso сталь: aceiro). Stalin alcanzou a máis alta posición no estado soviético.
Dende 1941 ata 1945, durante a segunda guerra mundial, preto de 700.000 xeorxianos pelexaron como soldados do Exército Vermello contra a Alemaña nazi e case 350.000 deles morreron nos campos de batalla da fronte oriental. Así mesmo, durante este período os pobos da República dos Inguxos, Karachay, ademais dos chechenos e os balkarios do Cáucaso setentrional foron deportados a Siberia por suposta colaboración cos nazis. Coas súas respectivas repúblicas autónomas abolidas, a RSS de Xeorxia obtivo brevemente os seus territorios ata 1957.
Eduard Shevardnadze, o ministro xeorxiano de Relacións Exteriores da URSS, foi un dos artífices da Perestroika durante a década de 1980. Durante este período, Xeorxia desenvolveu un vigoroso sistema multipartidista que alentou fortemente a independencia. O país tivo as primeiras eleccións pluripartidistas da Unión Soviética o 28 de outubro de 1990. Dende novembro dese ano a marzo de 1991 un dos líderes do movemento de Liberación Nacional, Zviad Gamsajurdia, foi o presidente do Consello Supremo da República de Xeorxia (o Parlamento).
Independencia e goberno de Shevardnadze O 9 de abril de 1991, pouco despois do colapso da URSS, Xeorxia declarou a súa independencia. O 26 de maio dese ano Zviad Gamsajurdia foi electo como o primeiro Presidente da Xeorxia independente. Porén, Gamsajurdia foi deposto mediante un sanguento golpe de estado entre o 22 de decembro de 1991 e o 6 de xaneiro de 1992. O golpe foi instigado por parte da Garda Nacional e unha organización paramilitar chamada "Mjedrioni", da que se dicía que era apoiada por unidades militares rusas con base en Tbilisi. O país viuse envolto nunha guerra civil que durou case ata 1995. Shevardnadze retornou a Xeorxia en 1992 e uniuse aos líderes do golpe –Kitovani e Ioselani– para encabezar un triunvirato chamado "Consello de Estado".
En 1995, Shevardnadze foi oficialmente electo como presidente, ao mesmo tempo en que dúas rexións do país, Abkhazia e Osetia do Sur, axiña se viron en disputa con outros separatistas locais, feito que desembocou en guerras e violencia interétnica. Apoiadas por Rusia, Abkhazia e Osetia do Sur manteñen unha independencia de facto de Xeorxia. Máis de 250.000 xeorxianos foron limpados etnicamente de Abkhazia por separatistas abkhazos e voluntarios nor-caucásicos, na súa maioría chechenos, entre 1992 e 1993. Máis de 25.000 xeorxianos foron expulsados de Tsjinvali tamén, e moitas familias osetas foron forzadas a abandonar os fogares na rexión de Borjomi e foron desprazados para Rusia. Calcúlase que morreron ao redor de 10.000 persoas, a maior parte deles civís asasinados en operacións de limpeza étnica.
A Revolución Rosa
En 2003 o propio Shevardnadze foi deposto por un golpe pacífico e sen derramamento de sangue, coñecido como a «Revolución Rosa», liderada por Mijeíl Saakashvili, Zurab Zhvania e Nino Burdzhanadze, os membros fundadores e líderes do partido maioritario. Nino Burdzhanadze asumiu interinamente o poder ata a elección de Saakashvili, quen tomou posesión como presidente de Xeorxia o 25 de xaneiro do 2004. Restaurar a integridade territorial nacional, reverter os efectos da limpeza étnica e o retorno dos refuxiados para os seus fogares foron as promesas preelectorais do goberno de Saakashvili.
Logo da Revolución Rosa, comezou unha serie de reformas para reforzar as milicias e a capacidade económica do país. Os esforzos do goberno de restablecer a autoridade de Xeorxia na república autónoma suroccidental de Adzaria desembocaron nunha crise maior a comezos do 2004. O éxito en Adzaria animou a Saakashvili a intensificar os seus esforzos, mais non tivo éxito rotundo na separatista Osetia do Sur. A pesar disto, Saakashvili segue gozando dunha gran popularidade no país.
Dend o 2004, o Presidente Mijeíl Saakashvili iniciou unha política de achegamento con occidente e en particular coa Unión Europea.
Xeografía Relevo 240px|esquerda|miniatura|Mapa político de Xeorxia Xeorxia sitúase na costa oriental do mar Negro. O Cáucaso, fronteira natural entre Europa e Asia, marca o carácter montañoso do relevo. O Gran Cáucaso, polo norte, separa Xeorxia de Rusia e alberga o Shkhara (5.204 m), cumio de Xeorxia e a segunda cima de Europa. O Cáucaso Menor (3.301 m), ao sur, illa o país de Turquía e Armenia. Entre ámbalas dúas cadeas ábrense dous vales fluviais: o do Kura, que desemboca no Caspio, e o do Rioni, que flúe ata o Negro, creando unha rexión de terras baixas. É un pequeno país de aproximadamente 69.875 quilómetros cadrados. A pesar da súa área de escaso tamaño, Xeorxia ostenta unha das topografías máis varias das antigas repúblicas soviéticas. As montañas do Cáucaso Menor, que corren paralelas ás fronteiras turca e armenia, e as montañas de Surami e Imereti -que conectan o Cáucaso Menor co Gran Cáucaso- crean unha barreira natural, en parte responsable das diferenzas culturais e lingüísticas entre as rexións. miniatura|240px|Vista satélite de Xeorxia miniatura|Castelos medievais da vila de Shatili en Khevsureti Debido á súa altura e a súa pobre infraestrutura de transportes, moitas vilas montañesas quedan virtualmente illadas durante o duro inverno. Os tremores de terra e os desprendementos de montaña nestas zonas chegan a ser característicos e condicionan o estilo de vida. Entre os desastres naturais máis recentes estivo o deslizamento de rochas en Adzaria, en 1989, que desprazou centos de persoas no suroeste de Xeorxia, e dous tremores en 1991, que destruíron varias aldeas na zona central e norte do país, ademais de Osetia do Sur.
O río máis grande é o Mtkvari (ou tamén coñecido como Kura, o nome que se lle dá na beira azerí), que despois de atravesar Azerbaidján remata no Mar Caspio, após percorrer 1 364 quilómetros dende o nordés de Turquía a través das chairas de Xeorxia e atravesar a capital Tbilisi. O río Rioni, o máis longo do oeste do país, baixa do Cáucaso Maior e remata no Mar Negro no porto de Poti.
Clima esquerda|miniatura|Paisaxe das montañas do leste de Xeorxia O clima de Xeorxia é en extremo diverso, considerando que o país é dun tamaño pouco significativo. Existen dúas zonas climáticas principais, como o son a zona Leste e a Oeste do país. Os montes Cáucasos xogan un importante rol, moderando o clima xeorxiano e protexendo o país da penetración de correntes de aire xélidas provenientes do extremo setentrional. Os pequenos montes caucásicos protexen parcialmente así mesmo á rexión da influencia de masas de aire cálidas e secas do sur.