Armenia (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental,The UN classification of world regions places Armenia in Western Asia; the CIA World Factbook , , e Oxford Reference Online está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Azerbaidján ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur. A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
Armenia é unha nación-estado unitaria, pluripartidista e democrática cunha rica e antiga herdanza cultural. Urartu foi estabelecido o -860 e no século -VI foi substituído pola Satrapía de Armenia. O Reino de Armenia alcanzou ó seu máximo apoxeo baixo Tigranes II o Grande no século -I e converteuse no primeiro estado do mundo en adoptar o cristianismo como relixión oficial a finais do século III e comezos do IV.()Nacións máis pequenas que reclamaron unha adopción oficial do cristianismo máis antiga foron Osroene, os Silures e San Marino. A data oficial da adopción é o ano 301.. As datas estimadas varían do 284 até 314. Garsoïan (op.cit. p. 82), segundo as investigacións de Ananian, é máis probable a última. O antigo reino de Armenia foi dividido entre os bizantinos e o Imperio Sasánida arredor do século V. Baixo a dinastía Bagratuni, a Armenia bagrátida foi restaurada no século IX. Por mor das loitas contra os bizantinos, o reino caeu no ano 1045 e Armenia foi invadida polo Imperio Selxúcida. Un principado armenio e posteriormente o reino armenio de Cilicia asentáronse na costa do mar Mediterráneo entre os séculos XI e XIV.
Entre os século XVI e XIX, as patrias armenias tradicionais composta por Armenia Oriental e Armenia Occidental caeron baixo o goberno dos imperios Otomán e Iraniano. No século XIX, Armenia Oriental foi conquistada polo Imperio Ruso, mentres que a maioría das terras tradicionais armenias occidentais permaneceron baixo control otomán. Durante a primeira guerra mundial, os armenios que vivían no Imperio Otomán foron sistematicamente exterminados durante o xenocidio armenio. En 1918, despois da Revolución Rusa, tódolos países non rusos declararon a súa independencia despois de que o Imperio Ruso deixase de existir, o que levou ao estabelecemento da Primeira República de Armenia. En 1920, o estado foi incorporado á República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica, e en 1922 converteuse en membro fundador da Unión Soviética. En 1936, o estado Transcaucásico foi disolto, transformando os seus estado constituíntes, incluíndo a República Socialista Soviética de Armenia, en repúblicas da Unión. A moderna República de Armenia converteuse en estado independente en 1991 durante a disolución da Unión Soviética.
A moderna República de Armenia recoñece á Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa nacional máis antiga do mundo, como a principal relixión do país.A república ten unha separación entre igrexa e estado. Os armenios posúen ademais o seu propio alfabeto, inventado por Mesrop Mashtots no ano 405 d.C.
É ademais membro da Unión Económica Eurasiática, as Nacións Unidas, o Consello de Europa e a Organización do Tratado da Seguridade Colectiva. Armenia apoia a independente de facto República de Artsakh, que foi proclamada en 1991.
Etimoloxía O nome nativo en lingua armenia para o país é Hayk’. O nome evolucionou durante a Idade Media a Hayastan, unha combinación das palabras Hayasa (Հայասա) ou Hayk (Հայկ) co sufixo persa -stán que significa lar ou lugar de. O nome foi tradicionalmente derivado de Hayk (Հայկ), lendario patriarca dos armenios e segundo a tradición o tataraneto de Noé. Hayk, supostamente, baixou do monte Ararat onde algúns cren que se pousou a Arca de Noé trala fin do diluvio universal, e viaxou para axudar na construción da torre de Babel. Alí, derrotou ao Rei babilonio Bel no ano 2492 a.C., estabelecendo a súa nación na rexión de Ararat, preto das montañas do lago Van.
Outras fontes literarias como as gregas, romanas, xudías, asirias, babilónicas, persas e outras, traducen e transliteran o nome Togarma (en lingua acadia: Ti-garimmu) como pai de varias tribos seminómades que habitaron Armenia. Este nome componse de tres raíces: Bet (casa), To (tell e tur en lingua árabe equivalen a monte e en linguas irmás til, te, to, ta equivalen a outeiro, e figuradamente a reino) e Garma (que significa os fillos de Gomer que viven nos montes) quedando traducido na Biblia como Bet Togarma. Relatos anteriores ao cristianismo suxiren que Nairi, que significa "a terra dos ríos", era o nome usado antigamente para chamar á rexión montañosa do país. O primeiro uso que se ten constancia deste nome é polos asirios arredor de 1200 a.C.
miniatura|150px|esquerda|Hayk, o lendario fundador da nación armenia. O exónimo Armenia atópase por vez primeira nun texto en persa antigo coñecido como a Inscrición de Behistún. Neste texto do 515 a.C. o nome aparece como Armina (17px 17px 17px 17px 17px). A voz Armenoi aparece en grego antigo nun texto do historiador Heródoto: . Nel relátase que os armenios eran colonos da rexión de Asia Menor de Frixia. A etioloxía tradicional para o etónimo é de Armenak ou de Aram, o bisneto do bisneto de Hayk, e doutro líder que foi, segundo a tradición armenia, o antepasado de tódolos armenios. Tamén algúns historiadores antigos de Armenia, como Moisés de Khorene, din que os armenios eran urartos e que a palabra "Armenia" deriva dun rei urarto chamado "Aramu", teoría que algúns historiadores modernos descartan afirmando que non existe ningunha relación entre ambas civilizacións.
Segundo algúns historiadores, a primeira mención da voz "Armina" faise nas escrituras cuneiformes da época do rei Darío I de Persia (séculos VI-V a.C.). Mais o nome dado aos armenios "Gai" (ou Jai), provén do país Gaiasa ou Jaiasa, mencionado nas escrituras cerámicas hititas do século XII a. C. Algunhas décadas máis tarde, Xenofonte, un xeneral grego que guerreou contra os persas, describe moitos aspectos da vida do pobo armenio e a súa hospitalidade. Relata que a xente fala un idioma que soaba aos seus oídos como a lingua dos persas. Outro historiador, Arnold Toynbee, menciona que "Armenia" pode provir de "Erimena", pai do último rexente de Urartro, Russas III. Agrega ademais, que outra alternativa é que proveña de "Aruma-ni", que significa país dos arameos, pobo que arribou do norte das estepas árabes a finais do século XI ou comezos do X a.C. e conquistou Nairi.
Historia
Prehistoria
right|miniatura|140px|O zapato de Areni. O planalto armenio amosa pegadas de asentamentos da época neolítica. Recentes estudos arqueolóxicos afirman que na zona da actual cidade de Areni atopáronse os máis antigos zapatos de coiro, saias e instalacións vinícolas. Os arqueólogos falan da cultura Shulaveri-Shomu da rexión de Transcaucasia central como a primeira cultura coñecida na zona, datada aproximadamente entre o 6000 e o 4000 a.C.
Outra cultura primitiva, a comezos da Idade de Bronce, foi chamada a cultura Kura-Araxes, asignada ao período que vai dende 4000 a.C. ao 2200 a.C., e máis tarde desenvolvida na cultura Trialeti (2200 - 1500 a.C.). Entre os anos 1500 e 1200 a.C., existía na metade occidental do planalto armenio a cultura Hayasa-Azzi, con frecuentes enfrontamentos co Imperio hitita. Entre o 1200 a.C. e o ano 800 a.C., a maior parte de Armenia foi unida baixo unha confederación de reinos, que as fontes asirias chamaron Nairi (do asirio: "terra dos ríos").
Na Idade de Ferro florece no Cáucaso e na parte oriental de Asia menor o Reino de Urartu fundado por Aramu, que uniu tódolos principados do planalto armenio e outorgouse a si mesmo o título de "Rei de Reis", título tradicional dos reis urartios. Os urartios estableceron a súa soberanía sobre a totalidade de Taron e Vaspurakan. O principal rival de Urartu foi o Imperio neo-asirio.
Durante o reinado de Sarduri I (834-828 a.C.) Urartu converteuse nun estado forte e organizado, impoñendo impostos ás tribos veciñas. Sarduri fundou ademais a cidade de Tushpa (a moderna Van) capital de Urartu. O seu fillo, Ishpuini, estendeu as fronteiras do estado polo que logo sería coñecida como a zona de Tigranocerta e Urmia. O rei Menua (810-785 a.C.) estendeu o territorio urartiano cara ao norte, cara aos campos de Araratian. Deixou máis de noventa inscricións utilizando a escritura cuneiforme mesopotámica escritas na lingua urartiana. Outro rei, Argishti I conquistou Latakia aos hititas, e chegou até Biblos e Fenicia, construíndo Erebuni (actual Iereván) no ano 782 a.C. usando aos prisioneiros de guerra. O Imperio asirio invadiu posteriormente Urartu, no ano 612 a.C., e fíxose cargo da capital, Van, cara ao 585 a.C. Este feito terminou de maneira efectiva coa soberanía de Urartu.
Antigüidade
Despois da caída de Urartu, o Satrapado de Armenia foi gobernado pola dinastía Oróntida, que goberna o estado entre os anos 585 e 190 a.C.. Baixo esta dinastía, Armenia foi ás veces un reino independente, e outras unha satrapía do Imperio Persa. Darío III foi un sátrapa armenio antes de converterse en emperador de Persia. Despois da destrución do Imperio Seléucida, un estado grego helenístico de curta duración sucesor do Imperio de Alexandre o Grande, foi fundado un estado armenio de corte helenístico en 190 a.C. Os primeiros reis foron os artáxidas, dinastía fundada por Artaxias I. Ao mesmo tempo, creouse un reino divido e independente en Occidente, coñecido como Armenia Menor, mentres que o principal reino adquiriu o nome de Grande Armenia.
Os novos reis comezaron un programa de expansión que ía chegar ao seu apoxeo un século máis tarde. As súas conquistas son relatadas polo historiador grego Estrabón: Zariadris conquistou Acilisene e todo o "territorio ao redor de Antitauros", referíndose probablemente ao distrito de Muzur ao oeste do Éufrates. Artaxias tomou terras dos medos, dos iberos, e dos sirios. Posteriormente, tivo enfrontamentos cos habitantes do Ponto, a Siria Seléucida e a Capadocia; e foi incluído no tratado que seguiu á vitoria dun grupo de reis anatolios sobre Farnaces no 181 a.C., o cal perdeu tódolos seus territorios no oeste. Artaxias foi un monarca ambicioso con grande influencia na política internacional da época. No seu cénit, entre o 95 e o 66 a.C., a Grande Armenia estendeu o seu imperio sobre partes da rexión do Cáucaso e a zona que agora é Turquía oriental e central, ademais do noroeste de Irán, Palestina, Siria e o Líbano, formando o chamado Segundo Imperio armenio.
Por un tempo, Armenia foi un dos estados máis poderosos no Oriente romano, polo que o enfrontamento coa República Romana era inevitable, perdendo os armenios a guerra no 66 a.C., aínda que conservando a súa soberanía. O rei Tigranes o Grande seguiu gobernando Armenia como aliado de Roma, até a súa morte no 55 a.C. De feito, a derrota do Rei do Ponto na Terceira Guerra Mitridática ante o romano Pompeio deu lugar a que o Reino de Armenia se convertese nun Estado cliente aliado de Roma. Máis tarde, no ano 1 d.C., Armenia pasa a estar baixo completo control romano até o establecemento da dinastía arsácida. Durante a alianza con Roma, o pobo armenio adoptou ideas políticas, filosóficas e relixiosas occidentais. Segundo Estrabón, todo o mundo en Armenia fala "o mesmo idioma".
Independencia No 1813 e 1828, a Armenia de entón (que constaba dos Khanatos de Ereván e de Karabakh) foi temporariamente incorporada ao Imperio Ruso. O mesmo volveu suceder coa incorporación da Armenia na URSS no 1920, na condición de RSS da Armenia, despois de existir brevemente como estado independente.
Xenocidio armenio