miniatura|Fabricación de pasta de argán en Marrocos. Argania spinosa, (sinónimo A. sideroxylon Roem. & Schult.), a árbore do argán, é unha especie de planta de flores pertencente á familia Sapotaceae, sendo endémica dos semidesertos calcarios do suroeste de Marrocos, e mais da provincia de Tindouf, no oeste de Alxeria. É a única especie do xénero Argania. Como oleaxinosa emprégase para tirar aceite das súas sementes.

Descrición left|miniatura|Argán. O argán medra até os 8-10 metros de altura e vive uns 150-200 anos. Medra na zona comprendida entre Tiznit e Esauira. É espiñento co toro rugoso. Ten follas miúdas de 2–4 cm de lonxitude., ovais co ápice arredondado. As flores son miúdas, con cinco pétalos amarelo-averdado; florea en abril. O froito é de 2–4 cm de lonxitude e 1.5–3 cm de largo, coa pela espesa e grosa que arrodea a casca amarga con doce recendo; esta arrodea os froitos que conteñen 2-3 sementes que son ricas en aceite. O froito tarda un ano en estar ben chegado até xuño-xullo do ano a seguir.

A superficie dos bosques de Argania diminuíu nun 50 % nos últimos 100 anos, por mor á súa utilización coma combustíbel, o pastoreo e mais o cultivo intensivo. A súa mellor protección para a súa conservación podería atoparse no recente desenvolvemento da produción de aceite de argán para a súa exportación coma un produto de alto valor comercial.

En 1998, a Unesco declarou Reserva da Biosfera Arganeraie de 2 568 780 hectáreas ao suroeste de Marrocos nas que medra o argán. Unesco. Reserva de la Biosfera ARGANERAIE. En inglés No corazón desta reserva atópase o Parque Nacional de Souss-Massa.

Usos miniatura|As xenas adoitan rubir polas árbores do argán. miniatura|Argania spinosa

Na zona do Souss, situada no suroeste de Marrocos, utilízase principalmente como alimento, a xeito de aceite, para esparexer no pan o preparar tagine (prato típico da cociña marroquí). Tamén é moi apreciado o seu uso cosmético, coma xabóns, cremas, locións, aceites, ... dadas as súas propiedades hidratantes, antiacneicas, para o tratamento da psoríase e bronceadoras, entre outras.

Nalgúns lugares de Marrocos, o argán toma o lugar da oliveira coma fonte de recursos, xa que se utiliza como forraxe, petróleo e madeira. É o combustíbel da sociedade bérber, especialmente preto de Essaouira. Cando escasea o alimento, as xenas ruben pola árbore para comer as súas follas .

Taxonomía Argania spinosa foi descrita por (Carl von Linné) Homer Collar Skeels e publicado en U.S. Department of Agriculture Bureau of Plant Industry Bulletin 227: 28, no ano 1911. en Trópicos Sinonimia Argania sideroxylon Roem. & Schult. Elaeodendron argan Retz. Sideroxylon argan (Retz.) Baill. Sideroxylon spinosum L. Tekelia spinosa (L.) Scop. Verlangia argan (Retz.) Neck. ex Raf. en PlantList

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Aceite de argán

Ligazóns externas

Categoría:Sapotoideae Categoría:Árbores Categoría:Plantas medicinais Categoría:Oleaxinosas