Gianluigi "Gigi" Buffon, nado en Carrara (Massa-Carrara) o 28 de xaneiro de 1978, é un futbolista italiano, que xoga de porteiro no Parma.

Traxectoria Comezou a súa carreira deportiva no Parma, no que ingresou aos 13 anos, debutando profesional co primeiro equipo en 1995. Tras permanecer seis tempadas no equipo parmesano, co que gañou unha Copa Italia, unha Supercopa e unha Copa da UEFA, foi traspasado á Juventus de Turín en 2001. Militou durante 17 tempadas consecutivas no club piemontés, gañando dezanove títulos a nivel nacional (nove Series A, unha Serie B, catro Copas Italia e cinco Supercopas de Italia), ademais de disputar tres finais da Liga de Campións.

En 2018 fichou polo Paris Saint-Germain, co que conquistou a liga francesa e a Supercopa de Francia, antes de regresar á Juventus, coa que gañou tres títulos máis (unha liga, unha Copa e unha Supercopa). No 2021, xa con 43 anos de idade, volveu ao seu primeiro club, o Parma, na Serie B.

Foi 176 veces internacional coa selección italiana, coa que participou en catro Eurocopas e en cinco Mundiais. Proclamouse campión na Copa do Mundo de 2006 tras derrotar na quenda de penaltis da final á selección francesa.

En 2004, foi incluído na lista de xogadores FIFA 100 elaborada polo exfutbolista Pelé a petición da FIFA. Foi nomeado mellor porteiro do mundo cinco veces pola Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol. Así mesmo, obtivo diversos títulos individuais como o Premio Lev Yashin, o Balón de Prata ou o premio ao porteiro do ano na Serie A, entre outros. Foi elixido como "Mellor Porteiro do Mundo do Cuarto de Século" e "Mellor Porteiro do Mundo durante a 1ª década do século XXI" pola IFFHS.

Con 657 partidos na Serie A, é o xogador con máis partidos na historia da competición, despois de superar en 2020 os 647 de Paolo Maldini.

Palmarés Club Parma Copa Italia (1): 1998–99. Supercopa de Italia (1): 1999. Copa da UEFA (1): 1998–99.

Juventus Serie A (9): 2001–02, 2002–03, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2014–15, 2015–16, 2016–17, 2017–18, 2019–20. Serie B (1): 2006–07. Copa Italia (5): 2014–15, 2015–16, 2016–17, 2017–18, 2020–21. Supercopa de Italia (6): 2002, 2003, 2012, 2013, 2015, 2020. Paris Saint-Germain

Ligue 1 (1): 2018–19. Supercopa de Francia (1): 2018.

Internacional Italia Copa do Mundo (1): 2006.

Italia sub-21 Eurocopa sub-21 (1): 1996. Xogos Mediterráneos (1): 1997.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en fifa.com

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados na provincia de Massa-Carrara Categoría:Futbolistas olímpicos de Italia Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial