Atreyu é unha banda estadounidense de metalcore procedente de Yorba Linda (California) e formada en 1998. O grupo está composto polo vocalista Alex Varkatzas, os guitarristas Dan Jacobs e Travis Miguel, o baixista Marc McKnight e o batería/vocalista Brandon Saller. Orixinalmente chamouse "Retribution", pero posteriormente cambiaron o seu nome a "Atreyu" (por unha personaxe do libro/película de fantasía The Neverending Story), cando atoparon a outra banda de Hemet, California que tamén usaba o seu nome orixinal. Dende a súa formación Atreyu editou cinco álbums de estudio. No ano 2008 participaron na xira Projekt Revolution con Linkin Park e foi cabeza de cartel da Revolution Stage ao lado de 10 Years, Hawthorne Heights e Armor for Sleep.
Discografía Álbum Ano Selo Suicide Notes and Butterfly Kisses 2002 Victory Records The Curse 2004 Victory Records A Death-Grip on Yesterday 2006 Victory Records Lead Sails Paper Anchor 2007 Hollywood Records, Roadrunner Records Congregation of the Damned 209 Hollywood Records Long Live 2015 Spinefarm Records In Our Wake 2018 Spinefarm Records Baptize 2021 Spinefarm Records The Beautiful Dark of Life 2023 Spinefarm Records The End Is Not the End 2026 Spinefarm Records
Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais do condado de Orange, California Categoría:Grupos musicais formados en 1998