miniatura|dereita|220px|Logo de Digimon.

, abreviatura de , é unha franquía xaponesa que inclúe xoguetes dixitais, anime, manga e videoxogos. Os digimons son os monstros e as diversas formas de vida do "Digital World", un universo paralelo que se orixinou a partir das diversas redes de telecomunicacións da Terra.

miniatura|150px|Unha presentación do Digimon Battle Online.

Series de animación O 6 de marzo de 1999, a franquía creou un anime como o primeiro dos filmes de Digimon, estreado nos teatros do Xapón. Orixinalmente, o filme Digimon Adventure ía ser unha curtametraxe, pero despois de que o guión estivese rematado, solicitouse que Digimon se convertese nunha serie de televisión. O 7 de marzo de 1999, comezaron a emitir a contraparte televisiva titulada Digimon Adventure.

Seguíronlle cinco tempadas máis, e cada unha cos seus propios filmes, e a serie foi posta á venda nos mercados occidentais no outono do mesmo ano. As series deron lugar a xogos de cartas, o Hyper Colosseum no Xapón e o Digi-Battle en América, e a numerosos videoxogos. A serie animada é sen dúbida o segmento máis coñecido do Universo Digimon e a responsable da maior parte da súa popularidade.

Digimon foi producido por Toei Animation e Bandai of Japan. As series foron emitidas no Xapón pola canle Fuji Television. As catro primeiras series foron chamadas Digimon: Digital Monsters nos mercados internacionais, mentres que Savers foi chamada Digimon Data Squad.

Digimon Adventure

Digimon Adventure 02

Digimon Tamers

Digimon Frontier

Digimon Savers / Data Squad

Digimon Xros Wars

Filmes Digimon Adventure (Parte un de Digimon: The Movie) Digimon Adventure: Our War Game (Parte dous de Digimon: The Movie) Digimon Adventure 02: Digimon Hurricane Touchdown / Supreme Evolution! The Golden Digimentals (Part three of Digimon: The Movie) Digimon Adventure 02: Diablomon Strikes Back (Revenge of Diaboromon) Digimon Tamers: The Adventurers' Battle (Battle of Adventurers) Digimon Tamers: Runaway Digimon Express (Runaway Locomon) Digimon Frontier: Revival of the Ancient Digimon (Island of Lost Digimon) Digital Monster X-Evolution Digimon Savers - The Movie: Ultimate Power! Activate Burst Mode!! Digimon Savers 3D: The Digital World in Imminent Danger! Digimon Adventure 3D: Digimon Grandprix!

Véxase tamén Outros artigos Lista de digimons

Ligazóns externas Inglés JETIX U.S. Digimon Data Squad website Official website of the video game series Digimon Masters - Official website of the English MMORPG game Digimon Battle Online - First English Free to play online game based on Digimon animation series

Xaponés Toei Animation's Digimon Adventure website Toei Animation's Digimon Adventure 02 website Toei Animation's Digimon Tamers website Toei Animation's Digimon Frontier website Toei Animation's Digital Monster X-Evolution website Toei Animation's Digimon Savers website Toei Animation's Digimon Xros Wars website Fuji TV's Digimon Adventure website Fuji TV's Digimon Adventure 02 website Fuji TV's Digimon Tamers website Fuji TV's Digimon Frontier website Fuji TV's Digimon Savers website TV Asahi's Digimon Xros Wars website Bandai of Japan's Digimon website Legal provider of "Digimon 02" streaming

Categoría:Digimon