Os glicolípidos son lípidos que levan unido un carbohidrato. Funcionan na célula como constituíntes das membranas celulares e como marcadores para o recoñecemento celular.
Os termos glicolípido e glicoesfingolípido non son sinónimos. O termo glicolípido ten un significado máis amplo e inclúe varios subgrupos de substancias, un dos cales son os glicoesfingolípidos IUPAC-IUB Joint Commission on Biochemical Nomenclature (JCBN) Nomenclature of Glycolipids (Recommendations 1997) Nomenclatura e clasificación dos glicolípidos .
Os glicolípidos son moléculas anfipáticas, xa que teñen unha parte polar (o glícido) e unha parte apolar (o lípido). O glícido dos glicolípidos da membrana proxéctase alén da bicapa lipídica no medio acuoso extracelular, onde actúa como un sitio de recoñecemento para substancias específicas e para manter a estabilidade da membrana e unir unhas células a outras nos tecidos. A estrutura do carbohidrato dos glicolípidos está controlada por glicosiltransferases e por glicosilhidrolases, que modifican os azucres despois da súa adición á molécula.
As esfingolipidoses, como a enfermidade de Gaucher e a enfermidade de Fabry, están asociadas con defectos metabólicos que causan a acumulación de glicolípidos nos lisosomas da célula. Foi moi estudado o papel dos gangliósidos na patoxénese da enfermidade de AlzheimerRole of ganglioside metabolism in the pathogenesis of Alzheimer's disease - a review-JOURNAL OF LIPID RESEARCH Volume: 49 Issue: 6 Pages: 1157-1175 Published: JUN 2008.
Principais tipos de glicolípidos Son moi variados. Os máis importantes son os que conteñen esfingosina ou glicerol. Xeralmente non teñen fosfato, polo que a maioría non son fosfolípidos, pero tamén hai grupos con fosfato. A IUPAC definíaos nas súas recomendacións de 1997 como: "compostos que conteñen un ou máis residuos de monosacáridos unidos por enlace glicosídico a un residuo hidrofóbico como un acilglicerol, un esfingoide, unha ceramida (N-acilesfingoide) ou un prenil fosfato" . Os principais tipos son:
Glicoesfingolípidos. Azucre + ceramida. Cerebrósidos. Monosacárido + ceramida. Galactocerebrósidos. Galactosa + ceramida. Glicocerebrósidos. Glicosa + ceramida. Sulfátidos. Azucre sulfatado + ceramida. Gangliósidos. Oligosacáridos con azucres cargados negativamente + ceramida. Son os glicolípidos animais máis complexos. O seu oligosacárido contén residuos de ácido siálico cargado negativamente. Globósidos. Oligosacárido con azucres neutros + ceramida. Glicofosfoesfingolípidos. Son lípidos complexos dos fungos (incluídos lévedos), plantas e microorganismos, que foron inicialmente chamados "fitoglicolípidos" por Herbert Carter, et al. Tamén se chaman inositol fosforilceramidas. Son un exemplo de glicolípidos con fosfato. Formados por ceramida + fosfoinositol + oligosacárido. Glicoglicerolípidos. Azucre + glicerol + ácidos graxos. Galactolípidos. Galactosa + glicerol + ácidos graxos. Sulfoquinovosil dialcilglicerois. Azucre sulfatado + glicerol + ácidos graxos. É un tipo de sulfolípido. Glicosilfosfatidilinositol. Formados polo fosfolípido fosfatidilinositol + glicosamina + manosa (e unido por unha ponte de fosfoetanolamina a unha proteína de membrana). miniatura|350px|Estrutura química dos glicolípidos (= azucre + lípido). Os glicoglicerolípidos están formados por azucre + glicerina + ácidos graxos. Os glicoesfingolípidos están formados por azucre + ceramida.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Glicoesfingolípido Glicocálix Glicoproteína
Categoría:Lípidos Categoría:Glicolípidos