Lucas Demetrios Papadimos (en grego Λουκάς Παπαδήμος, pronunciado /luˈkas papaˈðimos/), nado o 11 de outubro de 1947 en Atenas, é un político, físico e economista grego. En novembro de 2011 foi elixido por consenso dos partidos para o posto de primeiro ministro do seu país.Papademos, novo primeiro ministro de Grecia, en El Progreso.
Traxectoria Papadimos licenciouse en Física en 1970 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde posteriormente conseguiu un mestrado en enxeñaría eléctrica en 1972 e o doutoramento en economía en 1978. Posteriormente incoporouse como docente na Universidade de Columbia, ao tempo que traballaba como economista para a Reserva Federal de Boston. En 1985 regresa ao seu país natal e comeza a traballar en 1985 como director económico do Banco de Grecia. En 1993 convértese no vicegobernador e un ano despois, en 1994 no gobernador do banco estatal grego.
O seu labor como economista complementouno como catedrático da Universidade de Atenas. En 2002 deixa o seu posto como gobernador do banco central heleno e accede á vicepresidencia do Banco Central Europeo, onde permanece ata 2010. Tamén foi membro da Comisión Trilateral desde 1998.
O 10 de novembro de 2011 foi elixido por consenso dos principais partidos para o posto de primeiro ministro do seu país, logo da dimisión de Georgios Papandreu, no contexto dunha severa crise económica e política. O goberno de Papadimos incluíu trece ministros do ata daquela gobernante PASOK, entre eles o ministro de Economía Evangelos Venizelos, dous ministros da conservadora Nova Democracia, entre eles Stavros Dimas na responsabilidade de ministro de Exteriores, e un da tamén conservadora e nacionalista LAOS, nunha carteira menor. O encargo do seu goberno é dirixir o país ata as eleccións lexislativas convocadas para febreiro de 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Curriculum vitae no sitio web do BCE
Categoría:Economistas de Grecia Categoría:Primeiros ministros de Grecia Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Atenas