Dragonheart: A New Beginning é un filme dirixido por Doug Lefler que foi lanzado en vídeo no 2000 como secuela do filme Dragonheart. Está protagonizado por Christopher Masterson, Harry Van Gorkum, e a voz de Robby Benson.
Sinopse Cando Geoff, un mozo de cuadra orfo, descobre a Drake, o derradeiro dragón que queda no mundo, decátase de que o seu soño de transformarse nun cabaleiro de escintilante armadura pode, agora, facerse realidade. Unha vez xuntos, non tardan en enfrontarse a retos que os converten en heroes. Pero, atrapados no remuíño da súa nova vida, Geoff e Drake non advirten os perigos que lles agardan.
Personaxes Christopher Masterson como Geoff Robby Benson como Drake (voz) Harry Van Gorkum como Lord Osric de Crossley / Griffin (voz) Rona Figueroa como Lian Matt Hickey como Monxe novizo Mansel Henry O como Mestre Kwan Tom Burke como Roland
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Eslovaquia Categoría:Filmes baseados na lenda artúrica Categoría:Filmes rodados en Eslovaquia Categoría:Filmes sobre dragóns Categoría:Filmes producidos por Raffaella De Laurentiis