Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Foi profesor titular de Antropoloxía Cultural na Universidade de Santiago de Compostela até a súa xubilación.
Traxectoria Doutor en Filosofía e Letras, licenciouse en antropoloxía americana na Universidade Complutense de Madrid pero ós principios dos anos 80 comezou a recoller información de campo sobre medicina popular galega (1982-1984) e sobre o entroido (1985-1987). Tamén recolleu información sobre as diferentes romarías galegas para o Museo do Pobo Galego.
Ademais de colaborar asiduamente en distintas revistas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Gallaecia) foi publicando numerosos libros sobre a cultura popular galega e europea. Tamén ten publicados varios libros de narrativa infantil.
Mariño Ferro defende a idea de que a cultura popular galega está entroncada coa cultura popular europea, formada na Idade Media. De feito, afirma que:
Engade que a cultura popular galega non se compón de elementos illados senón que está perfectamente artellada. Outra das liñas de traballo de Mariño Ferro é pór en evidencia a funcionalidade dos costumes tradicionais por riba da súa aparencia supersticiosa.
Obra en galego Ensaio Cultura popular (1985, Museo do Pobo Galego).Incluído, tamén, na Biblioteca 114 (El Correo Gallego). Autobiografía dun labrego (1986, Xerais; reeditado en 2017). Aparicións e Santa Compaña (1995, Edicións do Cumio). Lobos, lobas e lobishomes (1995, Edicións do Cumio). O sexo na poesía popular (1995, Edicións do Cumio). Contos marabillosos (1996, Edicións do Cumio). O demo e o trasno (1996, Edicións do Cumio). Serpes e dragóns (1997, Edicións do Cumio). Contos de homes e mulleres (1999, Edicións do Cumio). Antropoloxía de Galicia (2000, Xerais). O Entroido ou os praceres da carne (2000, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro). Antropoloxía da alimentación (alimentos elixidos, alimentos prohibidos) (2004, Unidixital). Introducción á antropoloxía cultural (2004). Manuel Branco Romasanta, o lobishome asasino (2007, Nigra).
Literatura infanto-xuvenil A nena branca de Vilamaxín (1990, Edelvives). Liño aprende a ser indio (1996, Edelvives). A amora na silva (2000, Edicións do Cumio). Brancaflor (2000, Edicións do Cumio). Os dous xemelgos, o dragón e o pazo encantado (2000, Edicións do Cumio). A filla do rei (2000, Edicións do Cumio). Iria e o cabalo Buligán (2000, Edicións do Cumio). Unha vella tiña un can (2000, Edicións do Cumio).
Obras colectivas 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Xermolos). Nacemento, casamento e morte en Galicia. Resposta á enquisa do Ateneo de Madrid, (1901-1902) (1990, Consello da Cultura Galega). Romanceiro en lingua galega (2002, Xerais). Con Xosé Carlos López Bernárdez. Bestiario en pedra: animais fabulosos na arte medieval galega (2004, Nigra). Con Xosé Carlos López Bernárdez. Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza (2010, Nigra). Con Xosé Manuel González Reboredo. Romancero popular gallego, de Alfonso Hervella Courel (2011, Nigra). Coeditor, con Xosé Carlos López Bernárdez.
Obra en castelán Ensaio Satán, sus siervas las brujas y la religión del mal (1984, Xerais). La medicina popular interpretada I (1985, Xerais) e II (1986, Xerais). Las romerías, peregrinaciones y sus símbolos (1987, Xerais). La medicina mágica (Hipócrates) (1988, Xerais). Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua (1989, Universidade de Santiago de Compostela). La Llave de la Astrología (1989, Edicomunicación) Plantas, carnes y minerales medicinales (1991, Deputación de Pontevedra). El simbolismo animal: creencias y significados en la cultura occidental (1996, Encuentro). Los cuentos maravillosos: realismo mágico (2004, Ronsel). La brujería en Galicia (2006, Nigra). Leyendas, mitos y creencias de Galicia (2008, Ellago). Los amores del ciervo (2010, Instituto de las Identidades, Salamanca). Leyendas y milagros del camino de Santiago (2010, Ellago).
Edición Leyendas y creencias de Galicia (2000, Pontevedra).
Obras colectivas Entroido: aproximación a la fiesta de Carnaval en Galicia (1987, Deputación da Coruña). Con Xosé Manuel González Reboredo. La medicina mágica (Hipócrates) (1988). Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua (1989). La construcción del texto etnográfico a través de dos autores: aportación a una historia de la etnografía en Galicia (1996, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos). Santuarios mágicos de Galicia (2003, Nigra).
Premios Gañador do III Premio Internacional de Investigación Etnográfica Ángel Carril no 2010, por Los amores del ciervo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Francisco Fernández del Riego: Diccionario de escritores en lingua galega.
Ligazóns externas Biografía Galegos.info
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Antropólogos de Galicia Categoría:Nados no Pino Categoría:Nados en 1950 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá