miniatura|JJ, gañador do Festival de Eurovisión 2025 coa canción «Wasted Love».
A 69ª edición do Festival de Eurovisión celebrouse do 13 ao 17 de maio de 2025 no St. Jakobshalle da cidade de Basilea, Suíza, tras a vitoria suíza no Festival de Eurovisión 2024 coa canción «The Code» de Nemo. O concurso foi organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e pola emisora anfitrioa, a Sociedade Suíza de Radiodifusión (SRG SSR).
Foi a terceira vez que Suíza acolleu o certame, tras a edición inaugural de 1956 e a de 1989, celebradas en Lugano e Lausana, respectivamente. O cantante JJ, representante de Austria, gañou o certame coa canción «Wasted Love» con 436 puntos. As galas foron presentadas por Sandra Studer, Hazel Brugger e, na final, tamén por Michelle Hunziker.
Organización Sede do festival O 30 de agosto de 2024, a UER e a SRG SSR anunciaron Basilea como cidade anfitrioa. O recinto escollido é o St. Jakobshalle con capacidade para 12 400 persoas, que serve como lugar para eventos deportivos e concertos. O estadio está situado na comuna de Münchenstein en Basilea-Campiña, xusto ao lado da fronteira con Basilea-Cidade.
Candidaturas oficiais e fase de licitación
Tras a vitoria de Suíza na edición de 2024, as autoridades locais de Xenebra amosaron o interese en organizar a edición de 2025 en Palexpo. Ese mesmo día, o presidente do Goberno rexional do Cantón de Basilea tamén expresou o interese en acoller o evento. O 12 de maio, a directora da exposición agrícola de Olma, no leste de Suíza, defendeu levar o Festival de Eurovisión 2025 a Sankt Gallen.
O 13 de maio, a cidade organizadora en 1956, Lugano, descartou unha candidatura para acoller a edición de 2025, mentres que o presidente do Cantón da capital de Suíza, Berna, expresou a súa negativa a acoller o festival. Ese mesmo día, o Concello de Zúric reuniuse para marcar como "alta prioridade" unha candidatura. O 14 de maio, a cidade sede en 1989, Lausana, renunciou a organizar a edición de 2025, alegando falta de infraestruturas. O 15 de maio, o Concello de Biel/Bienne, localidade natal de Nemo, tamén confirmou o seu desexo de que a cidade se asocie á organización de Eurovisión 2025 e mantén conversas sobre este tema coa cidade de Berna, Bernexpo e outros posibles socios. O 16 de maio, o Consello de Goberno sinalou que varios recintos para congresos e feiras no cantón de Berna contan cunha infraestrutura atractiva e están dispostos a examinar solicitudes de apoio. O 17 de maio, o director xeral do HC Fribourg-Gottéron, manifestou que estaban a analizar como levar Eurovisión 2025 ao BCF Arena de Friburgo, ao que se sumou o Concello da cidade posteriormente.
SRF anunciou na última semana de maio, os requisitos para as cidades candidatas, que tiñan ata o 28 de xuño para presentar a súa candidatura. Os representantes da televisión organizadora visitaron as catro cidades candidatas a comezos de xullo e preseleccionaron dúas delas, anunciando a Basilea e Xenebra como finalistas o 19 de xullo. Finalmente, o 30 de agosto, a UER e a SRG SSR anunciaron Basilea como cidade anfitrioa.
Cidade Sede Notas Ref Basilea St. Jakobshalle Sede anual do Torneo de Basilea. Foi unha das sedes do Campionato Europeo de Balonmán Feminino de 2024. Berna - Biel/Bienne BERNEXPO Sede anual da Feria BEA. Friburgo BCF Arena Foi sede do Campionato Mundial de Hóckey sobre Xeo Masculino de 2026. Xenebra Palexpo Sede da Laver Cup 2019. Sankt GallenOlma Hall Sede anual da Feria Suíza da Agricultura e a Alimentación. ZúricHallenstadion Sede do Campionato Mundial de Hóckey sobre Xeo Masculino de 2020.
Cidade sede Cidade finalista Cidade eliminada na primeira fase Cidade que finalmente non presentou candidatura oficial
Identidade visual e escenario O 16 de decembro de 2024, a UER e pola emisora anfitrioa SRG SSR, presentaron a través dunha rolda de prensa en liña a imaxe gráfica e o deseño do escenario desta edición.
A identidade visual conta cun corazón simbólico que, grazas ás variacións de tamaño, multiplícase infinitamente creando imaxes e conceptos simulando píxeles. A imaxe gráfica titúlase «Unity shapes love» (A unidade dá forma ao amor) e o creador deste concepto visual es Artur Deyneuve.
O deseño do escenario está inspirado nas montañas de Suíza. A súa forma, cun gran marco LED que preside o recinto, pretende conseguir unha experiencia inmersiva para artistas e espectadores. O deseño é de Florian Wieder, coñecido por ter deseñado o escenario de diversas edicións do Festival de Eurovisión como o de Düsseldorf 2011, Bakú 2012, Viena 2015, Kíiv 2017, Lisboa 2018, Tel Aviv 2019, Róterdam 2021 e Malmö 2024.
Presentadoras O 20 de xaneiro de 2025, a través dunha rolda de prensa, anunciouse o nome das tres presentadoras que estarán á fronte do Festival de Eurovisión 2025: Sandra Studer, Michelle Hunziker e Hazel Brugger.
Países participantes Cancións e selección
{| class="wikitable sortable" |+ |- bgcolor="#CCCCCC" ! rowspan="2" | País e TV ! ! Artista ! rowspan="2" | Proceso e data de selección ! rowspan="2" |Refs. |- bgcolor="#CCCCCC" ! Tradución ao galego ! Linguas |- | rowspan="2" | Albania RTSH | «Zjerm» | Shkodra Elektronike | rowspan="2" | Festivali i Këngës 63 22-12-2024 | rowspan="2" | |- | «Lume» | albanés |- | rowspan="2" | AlemañaNDR | «Baller» | Abor & Tynna | rowspan="2" | Chefsache ESC 202501-03-2025 | rowspan="2" | |- | «Disparo» | alemán |- | rowspan="2" | Armenia AMPTV | «Survivor» | Parg | rowspan="2" | Depi Evratesil 202516-02-2025Presentación da versión final21-03-2025 | rowspan="2" | |- | «Supervivente» | inglés e armenio |- | rowspan="2" | AustraliaSBS | «Milkshake Man» | Go-Jo | rowspan="2" | Elección interna25-02-2025 | rowspan="2" | |- | «Home batido» | inglés e francés |- | rowspan="2" | AustriaORF | «Wasted Love» | JJ | rowspan="2" | Elección interna30-01-2025Presentación da canción06-03-2025| rowspan="2" | |- | «Amor malgastado» | inglés |- | rowspan="2" | AcerbaixánİTV | «Run With U» | Mamagama | rowspan="2" | Elección interna04-02-2025Presentación da canción19-02-2025| rowspan="2" | |- | «Correr contigo» | inglés |- | rowspan="2" | BélxicaVRT | «Strobe Lights» | Red Sebastian | rowspan="2" |Eurosong 202501-02-2025| rowspan="2" | |- | «Luces estroboscópicas» | inglés |- | rowspan="2" | Chequia ČT | «Kiss Kiss Goodbye» | Adonxs | rowspan="2" |Elección interna11-12-2024Presentación da canción07-03-2025| rowspan="2" | |- | «Bico de despedida» | inglés |- | rowspan="2" | Chipre CyBC | «Shh» | Theo Evan | rowspan="2" |Elección interna02-09-2024Presentación da canción11-03-2025| rowspan="2" | |- | — | inglés |- | rowspan="2" | CroaciaHRT | «Poison Cake» | Marko Bošnjak | rowspan="2" |Dora 202502-03-2025| rowspan="2" | |- | «Torta envelenada» | inglés |- | rowspan="2" | DinamarcaDR | «Hallucination» | Sissal | rowspan="2" | Dansk Melodi Grand Prix 202501-03-2025| rowspan="2" | |- | «Alucinación» | inglés |- | rowspan="2" | EsloveniaRTVSLO | «How Much Time Do We Have Left» | Klemen | rowspan="2" |EMA 202501-02-2025| rowspan="2" | |- | «Canto tempo nos queda» | inglés |- | rowspan="2" | EspañaRTVE | «Esa diva» |Melody | rowspan="2" | Benidorm Fest 202501-02-2025Presentación da versión final13-03-2025| rowspan="2" | |- | — | Español |- | rowspan="2" | EstoniaERR | «Espresso Macchiato» | Tommy Cash | rowspan="2" | Eesti Laul 202515-02-2025| rowspan="2" | |- | — | italiano, inglés e español |- | rowspan="2" | FinlandiaYle | «Ich komme» | Erika Vikman | rowspan="2" | UMK 202508-02-2025| rowspan="2" | |- | «Véñome» | Finés e alemán |- | rowspan="2" | FranciaFTV | «Maman» | Louane | rowspan="2" | Elección interna30-01-2025Presentación da canción15-03-2025| rowspan="2" | |- | «Mamá» | francés |- | rowspan="2" | XeorxiaGPB | «Freedom» | Mariam Shengelia | rowspan="2" | Elección interna 14-03-2025| rowspan="2" | |- | «Liberdade» | Xeorxiano e inglés |- | rowspan="2" | GreciaERT | «Asteromáta» | Klavdia | rowspan="2" | Ethnikos Telikos 202530-01-2025| rowspan="2" | |- | «Ollos de estrela» | Grego |- | rowspan="2" | IrlandaRTÉ | «Laika Party» | Emmy | rowspan="2" | The Late Late Show: Eurosong 202507-02-2025| rowspan="2" | |- | «A festa de Laika» | inglés |- | rowspan="2" | IslandiaRÚV | «RÓA» | Væb | rowspan="2" | Söngvakeppnin 202522-02-2025| rowspan="2" | |- | «REMA» | Islandés |- | rowspan="2" | IsraelIPBC | «New day will rise» | Yuval Raphael | rowspan="2" | HaKokhav HaBa 202522-01-2025Presentación da canción09-03-2025| rowspan="2" | |- |«Un novo día chegará» | inglés, francés e hebreo
| rowspan="2" | ItaliaRAI | «Volevo essere un duro» | Lucio Corsi | rowspan="2" | Festival da Canción de San Remo 202515-02-2025Elección do artista e canción22-02-2025| rowspan="2" | |- | «Quería ser un tipo rudo» | italiano
| rowspan="2" | LetoniaLSM | «Bur man laimi» | Tautumeitas | rowspan="2" | Supernova 202508-02-2025| rowspan="2" | |- | «Faime feliz» | Letón |- | rowspan="2" | LituaniaLRT | «Tavo akys» | Katarsis | rowspan="2" | Eurovizija.LT 202515-02-2025| rowspan="2" | |- | «Os teus ollos» | Lituano |- | rowspan="2" | LuxemburgoRTL | «A poupée monte le son» | Laura Thorn | rowspan="2" | Luxembourg Song Contest 202525-01-2025Presentación da versión final18-03-2025 | rowspan="2" | |- | «A boneca sobe o volume» | francés |- | rowspan="2" | MaltaPBS | «Serving» | Miriana Conte | rowspan="2" | Malta Eurovision Song Contest 202508-02-2025Presentación da versión final14-03-2025 | rowspan="2" | |- | «Servindo» | inglés |- | rowspan="2" | Montenegro RTCG | «Dobrodošli» | Nina Žižić | rowspan="2" | Montesong 202427-11-2024Elección do artista e canción08-12-2024Presentación da versión final09-03-2025 | rowspan="2" | |- | «Benvido» | Montenegrino |- | rowspan="2" | NoruegaNRK | «Lighter» | Kyle Alessandro | rowspan="2" | Melodi Grand Prix 202515-02-2025| rowspan="2" | |- | «Chisqueiro» | inglés |- | rowspan="2" | Países BaixosAVROTROS | «C'est a vie» | Claude | rowspan="2" | Elección interna19-12-2024Presentación da canción27-02-2025| rowspan="2" | |- | «Así é a vida» | francés e inglés |- | rowspan="2" | PoloniaTVP | «GAJA» | Justyna Steczkowska | rowspan="2" | Wielki Finał Polskich Kwalifikacji14-02-2025| rowspan="2" | |- | «GAIA» | Polaco e inglés |- | rowspan="2" | PortugalRTP | «Deslocado» | Napa | rowspan="2" | Festival da Canção 202508-03-2025| rowspan="2" | |- | «Desprazado» | portugués |- | rowspan="2" | Reino UnidoBBC | «What the hell just happened?» | Remember Monday | rowspan="2" | Elección interna07-03-2025| rowspan="2" | |- | «Que diaños acaba de pasar?» | inglés |- | rowspan="2" | San MarinoSMRTV | «Tutta l'Italia» | Gabry Ponte | rowspan="2" | San Marino Song Contest 202508-03-2025| rowspan="2" | |- | «Toda Italia» | italiano |- | rowspan="2" | SerbiaRTS | «Mila» | Princ | rowspan="2" | Pesma za Evroviziju 202528-02-2025| rowspan="2" | |- | «Querida» | Serbio |- | rowspan="2" | SueciaSVT | «Bara bada bastu» | KAJ | rowspan="2" | Melodifestivalen 202508-03-2025| rowspan="2" | |- | «Só toma unha sauna» | Sueco e finés |- | rowspan="2" | SuízaSRG SSR | «Voyage» | Zoë Më | rowspan="2" | Elección interna05-03-2025Presentación da canción10-03-2025| rowspan="2" | |- | «Viaxe» | francés |- | rowspan="2" | UcraínaSuspilne | «Bird of Pray» |Ziferblat | rowspan="2" | Vidbir 202508-02-2025| rowspan="2" | |- | «Ave de oración» | Ucraíno e inglés
Artistas que regresan ao festival Nina Žižić: En 2013, Nina representou a Montenegro xunto a Who See. Co tema «Igranka», quedaron en 12.ª posición na primeira semifinal. Justyna Steczkowska: En 1995, Justyna representou a Polonia co tema «Sama», quedando en 18.ª posición. Con 30 anos de distancia, é o maior intervalo entre participacións dun mesmo concursante na historia do festival.
Sorteo de semifinais