miniatura|Diagrama de especies de aves altriciais (papagaio, pelícano, paxaros canoros) e precociais (galiña, pato, ñandú).

Unha especie precocial ou precoz nas aves e mamíferos é aquela cuxas crías son relativamente maduras, móbiles e capacitadas no momento do nacemento ou eclosión, necesitando pouca axuda dos seus proxenitores. Normalmente son tamén nidífugas, o que significa que abandonan o niño pouco despois da eclosión ou nacemento, pero non necesariamente, xa que este é un concepto distinto: a precocialidade refirese á madurez da cría, mentes que o carácter nidífugo refírese ao abandono do niño. O termo contrario a precocial é altricial ou altrice. En realidade as categorías de precocial e altricial forman un espectro continuo sen límites claros. miniatura|Poliño que se pon de pé. As galiñas son aves precociais e xa se poden poñer en pé nada máis naceren. En peixes a precocialidade refírese á presenza de estómago ao nacer: as larvas de peixes precociais teñen un desde que comezan a alimentarse. Dependendo da especie, as larvas poden desenvolver un estómago funcional durante a súa metamorfose (larva gástrica) ou permanecer sen estómago (agástrica). miniatura|A codorniz Callipepla californica, un polo precocial.

Precocialidade Unha cría precocial ten os ollos abertos, pelo ou penuxe, cerebro grande e é inmediatamente móbil ou con certa capacidade de voar ou de defenderse por si mesma dos predadores. Por exemplo, nas aves que crían no chan como os parrulos ou os pavos, as crías están prontas para abandonaren o niño en só un ou dous días. Entre os mamíferos, a maioría dos ungulados son precociais, e poden erguerse e empezar a camiñar case inmediatamente despois do nacemento.

Etimoloxía A palabra técnica precocial deriva da raíz latina praecox, a mesma raíz da palabra precoz, que significa madureza temperá.Webster's New World Dictionary. David B. Guralnik, Editor in Chief. New York: Simon & Schuster, 1984.

Superprecocialidade Unha especie extremadamente precocial denomínase "superprecocial". Exemplos son as aves megapódidas, que teñen plumas de voo completas na eclosión e que, nalgunhas especies, poden voar o mesmo día. As Enantiornithes e probablemente os pterosauros eran tamén capaces de voar pouco despois de faceren eclosión.

Outro exemplo é o ñu Connochaetes taurinus, cuxas crías poden poñerse de pé despois de nacer en aproximadamente seis minutos e poden camiñar en trinta minutos;Estes, R., and E. O. Wilson (1992). The behavior guide to African mammals: Including hoofed mammals, carnivores, primates. Los Angeles: University of California Press poden gañarlle nunha careira a unha hiena nun día. Ese comportamento dálles unha vantaxe sobre outros herbívoros e son 100 veces máis abundantes no ecosistema do Serengeti que os alcélafos (Alcelaphus buselaphus), os seus parentes taxonómicos máis próximos. As crías de alcélafo non son tan precoces que as do mencionado ñu e tardan trinta minutos ou máis só para conseguir poñerse de pé, e uns corenta minutos para poder seguir as súas nais en curtas distancias. Son incapaces de manterse camiñando ao ritmo das súas nais ata que teñen unha semana de vida.

As mambas negras son moi precoces, xa que as crías son totalmente independentes e capaces de cazar presas do tamaño dunha rata pequena.

Filoxenia A precocialidade pénsase que é ancestral nas aves. Así, as aves altriciais adoitan atoparse nos grupos máis derivados. Hai algunhas evidencias de precocialidade en protoaves e troodóntidos. Os Enantiornithes eran polo menos superprecociais de xeito similar aos megapódidos, podendo voar pouco despois de faceren eclosión. Especulouse que a superprecocialidade impediu que as enantiornitinas adquirisen a anatomía das dedas especializada que se observa nas aves altriciais modernas.

Diferenzas entre precocial e altricial A distancia entre as especies precociais e altriciais é especialmente grande na bioloxía das aves. As aves precociais fan eclosión cos ollos abertos e cubertos de penuxe que son substituídas polas plumas adultas. As aves deste tipo poden tamén nadar e correr moito antes unha vez que fixeron eclosión comparadas coas crías altriciais, como as dos paxaros canoros. Moitas aves precociais poden estar prontos para abandonar o niño nun curto período de tempo despois da eclosión (por exemplo, 24 horas). Moitas crías precociais non son independentes na termorregulación (a capacidade de regular a temperatura do seu corpo), e dependen da asistencia por parte dos seus pais para que os abriguen coa súa calor corporal durante un curto tempo. As aves precociais encontran a súa propia comida, ás veces coa axuda ou instrución dos seus proxenitores. Exemplos de aves precociais son a galiña e moitas especies de patos e gansos, limícolas, rálidos e o hoatzín.

As aves precociais poden producir ovos ricos en proteínas e así as súas crías xa están emplumadas, son capaces de protexerse dos predadores e as femias danlles menos coidados posnatais. As aves altriciais teñen menos capacidade de contribuír con nutrientes no estadio prenatal; os seus ovos son máis pequenos e as súas crías aínda necesitan moita atención e protección ante os predadores. Isto pode estar relacionado coa selección r/K; porén, esta asociación falla nalgúns casos.

Nas aves as crías altriciais xeralmente crecen máis rápido que as crías precociais. Hipotetízase que isto ocorre para que a exposición aos predadores durante a fase de desenvolvemento das crías no niño pooda minimizarse.

No caso dos mamíferos suxeriuse que os tamaños corporais adultos grandes e robustos favorecen a produción de crías grandes e precoces, que se desenvolven cun período de xestación máis longo. As crías grandes poden estar asociadas co comportamento migratorio, un período reprodutor ampliado e un tamaño de posta reducido. Pode ser que as estratexias altriciais en mamíferos, en contraste, se desenvolvan en especies con estilos de vida menos migratorios e máis territoriais, como os carnívoros, cuxas nais son capaces de levar no seu seo un feto nas primeiras fases de desenvolvemento e se enfocan de forma dedicada e persoalmente na súa crianza, o que é o oposto dos animais precociais, que proporcionan ás súas crías unha axuda mínima e polo demais déixanos que se apañen co seu institno.

Os nenos humanos e as crías doutros primates, exemplifican unha combinación única de desenvolvemento altricial e precocial. Os bebés nacen cunha capacidade de visión mínima, corpos compactos e carnosos, e características "tenras" (pel máis delgada, narices pequenos, orellas diminutas, e escaso ou ningún pelo). Porén, esta fase é breve só entre os primates; os seus fillos desenvolven pronto ósos máis fortes, crecen a estiróns, e maduran as súas características rapidamente. Este padrón de crecemento único permite a adaptividade veloz da maioría dos simios, xa que calquera cousa aprendida polas crías entre a infancia e a adolescencia memorízase como instinto; este padrón está tamén en contaste cos mamíferos altriciais máis importantes, como moitos roedores, que permanecen en gran medida inmóbiles e subdsenvolvidos ata que crecen ata teren case a estatura dos seus pais.

Terminoloxía Nas aves, os termos Aves altrices e Aves precoces foron introducidos por Carl Jakob Sundevall (1836), e os termos nidífugo e nidícola por Lorenz Oken en 1816. Daquela, as dúas clasificacións eran consideradas idénticas, pero co tempo o significado fíxose lixeiramente diferente, porque "altricial" e "precocial" se refiren o estado de desenvolvemento ao nacer, mentres que "nidífugo" e "nidícola" refírense a se abandonan temperamente o niño ou non, respectivamente.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Investimento parental Puberdade precoz

Bibliografía

Ligazóns externos O espectro altricial-precocial en aves

Categoría:Bioloxía do desenvolvemento Categoría:Reprodución das aves