Papa Buka é un filme papúa-indio de 2025 coescrito e dirixido por Dr. Biju, e protagonizado por Sine Boboro. Conta a historia de Papa Buka, un veterano de guerra ancián, que axuda a dous historiadores indios a descubrir acontecementos esquecidos da segunda guerra mundial que unen a India e Papúa-Nova Guinea a través de actos de valentía e bondade. O filme estreouse o 18 de setembro de 2025 nos cinemas de Papúa-Nova Guinea. O momento da estrea do filme é significativo, xa que o 50 aniversario da independencia de Papúa Nova Guinea celebrouse o 16 de setembro de 2025.

Foi escollido como candidato de Papúa-Nova Guinea para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, converténdose na primeira proposta na historia do país. Finalmente non apareceu na lista de filmes aceptados pola academia.

Personaxes Sine Boboro como Papa Buka Ritabhari Chakraborty como Romila Chatterjee Prakash Bare como Anand Kunhiraman John Sike como Sike Yuants Barbara Anatu como Oficial do Museo Nacional Jacob Oburi Sandra Dauma como Wahu Max Maso PPC como Sogeri Police Commander

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Papúa-Nova Guinea propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en tok pisin Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Papúa-Nova Guinea Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Dr. Biju Categoría:Filmes ambientados en Papúa-Nova Guinea Categoría:Filmes rodados en Papúa-Nova Guinea