Un teónimo (do grego antigo theos Θεός, "deidade", e onoma ὄνομα, "nome") é o nome propio dunha divindade.
Teonímia A teonímia é a ciencia dos teónimos, unha póla da onomástica (o estudo da etimoloxía, a historia e o uso dos nomes propios). Como tal, axuda a entender a función e a comprensión que os grupos humanos teñen dos seus deuses, e tamén a afondar nas orixes da lingua dunha sociedade concreta.
A análise dos teónimos permite estudar as conexións entre as linguas indoeuropeas e a posible relixión dos pobos que as falaban. En todos os idiomas, o exame da etimoloxía dun teónimo pode servir como base para as teorías sobre a súa orixe histórica.
Por outra banda, os teónimos aparecen tamén en nomes de persoas, animais, plantas, lugares ou cousas.
Relixión Os teónimos teñen tamén importancia en tradicións metafísicas e místicas, como a cábala xudía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Onomástica Categoría:Deidades