miniatura|Ácido oleico, un ácido graxo omega-9. O 9º enlace C-C empezando polo final é un dobre enlace. Os ácidos graxos omega-9, tamén chamados ácidos graxos ω−9 ou ácidos graxos n−9, son unha familia de ácidos graxos insaturados que teñen en común un dobre enlace situado na posición do noveno enlace contando desde o metilo do final da cadea carbonada (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración).

A difefrenza dos ácidos graxos omega-3 e omega-6, entre os omega-9 non hai ácidos graxos esenciais, porque o corpo humano pode producilos a partir de graxas insaturadas, e non son esenciais na dieta.

Exemplos miniatura|Ácido erúcico, un ácido graxo omega-9. Algúns ácidos graxos omega-9 son compoñentes comúns da graxa animal e de aceites vexetais. Dous ácidos graxos omega-9 importantes na industria son: Ácido oleico (18:1, n−9), que é un compoñente do aceite de oliva, aceite de macadamia e outras graxas monoinsaturadas. Ácido erúcico (22:1, n−9), que se encontra na colza, sementes de Erysimum e sementes de mostaza. A colza con alta concentración de ácido erúcico ten un uso comercial como compoñente de pinturas e vernices como aceite secante. O aceite de colza procede dun cultivar da planta de colza que foi sometido a cruzamentos, e nalgúns casos modificado xeneticamente, para que conteña moi pouco ácido erúcico.

Baixo graves condicións de deprivación de ácidos graxos esenciais, os mamíferos alongan e desnaturalizan o ácido oleico para producir ácido de Mead, (20:3, n−9). Isto foi documentado en menor medida nun estudo feito en vexetarianos e semivexetarianos que seguían dietas sen fontes substanciais de ácidos graxos esenciais.

+Ácidos graxos omega-9 Nome común Fórmla lipídica Nome químico Ácido hipoxeico 16:1 (n−9) Ácido (Z)-hexadec-7-enoico Ácido oleico 18:1 (n−9) Ácido (Z)-octadec-9-enoicoÁcido elaídico 18:1 (n−9) Ácido (E)-octadec-9-enoico Ácido gondoico 20:1 (n−9) Ácido (Z)-eicos-11-enoico Ácido de Mead 20:3 (n−9) Ácido (5Z,8Z,11Z)-eicosa-5,8,11-trienoico Ácido erúcico 22:1 (n−9) Ácido (Z)-docos-13-enoico Ácido nervónico 24:1 (n−9) Ácido (Z)-tetracos-15-enoico Ácido ximénico 26:1 (n−9)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Ácidos graxos Categoría:Ácidos alquenoicos