Medio dólar Old Spanish Trail "½ Dollar Old Spanish Trail". Numista.com150x150px150x150pxA/: Cabeza dunha vaca vista de fronte. Lendas: · UNITED · STATES · OF · AMERICA · / E PLURIBUS UNUM / LIBERTY / ALVAR NUÑEZ CABEZA DE VACA / HALF DOLLAR.R/: Sección sueste do mapa dos EEUU co Old Spanish Trail marcado. Superposta unha mandioca en flor. Marca de deseñador (L.W.H) Lendas: OLD · SPANISH · TRAIL / EL PASO / IN GOD WE TRUST / 1535▾1935 Data: 1935. Ceca: Casa da Moeda de Filadelfia (sen marca). Gravador: L. W. Hoffecker. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 10.000 pezas (+ 8 para a Assay Commision). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar Old Spanish Trail (en galego: "Vello Camiño Español") é unha moeda de prata conmemorativa emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada en 1935 na Ceca de Filadelfia, que rememora esta antiga ruta polo sur dos EEUU. A moeda foi deseñada polo comerciante numismático L. W. Hoffecker, quen tamén se encargou da súa distribución."Old Spanish Trail Half Dollar". United states Mint."1935 Old Spanish Trail Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"1935 Old Spanish Trail Half Dollar". American Numismatic Association.
En 1930, o presidente Herbert Hoover vetou o proxecto dunha moeda de medio dólar dedicada á Compra de Gadsden. Hoffecker fora o impulsor daquela iniciativa e, ante a negativa, procurou outra proposta de moeda conmemorativa cuxa comercialización puidese controlar, e elixiu as viaxes do conquistador español Álvar Núñez Cabeza de Vaca a principios do século XVI, das que se celebraba o seu cuarto centenario.
Hoffecker cometeu imprecisións tanto coa cronoloxía das viaxes de Cabeza de Vaca como coa súa localización; por exemplo, aínda que a cidade natal de Hoffecker, El Paso, Texas, aparece sinalada na moeda, Cabeza de Vaca non se achegou a ela. Malia isto, o Congreso aprobou sen oposición o proxecto de lei da moeda conmemorativa do Vello Camiño Español, e o presidente Franklin D. Roosevelt converteuno en lei coa súa sinatura.
Logo de cuñadas as moedas, Hoffecker comproullas ao Goberno e púxoas á venda para os coleccionistas, aparentemente en nome do museo local, mais en realidade para o seu beneficio persoal, algo que negou máis tarde nun testemuño ante o Congreso. A revista The Numismatist —órgano da American Numismatic Association (ANA)— non publicou críticas sobre a distribución, e Hoffecker chegou á presidencia da ANA en 1939.
O deseño de Hoffecker para a moeda, coa cabeza dunha vaca no anverso, suscitou opinións encontradas entre os comentaristas numismáticos. O feito de que só se cuñase unha tiraxe de 10.000 fixo que esta moeda fose moi apreciada polos coleccionistas das moedas conmemorativas dos Estados Unidos.
Antecedentes miniatura|380x380px|Mapa do Vello Camiño Español, de Florida a California.
O explorador español Álvar Núñez Cabeza de Vaca comandaba unha expedición que desembarcou nos arredores da baía de Tampa en 1528. As súas buscas de tesouros foran recibidas con hostilidade polos nativos americanos da zona, e Cabeza de Vaca acabou abandonado alí. Dirixiu entón cara ao oeste a súa expedición en pequenas embarcacións ao longo da costa, e finalmente chegou á illa de Galveston, onde viviu coa tribo Karankawa como curandeiro antes de continuar cara ao oeste por terra. En 1536 achou unha patrulla española no norte de México. Regresou a España e escribiu sobre as súas experiencias.Flynn, K. (2008). Páxina 172. Cabeza de Vaca fora o nome que o rei de España lle dera a un antepasado de Álvar Núñez pola súa axuda para guiar o exército a través das montañas —por un camiño marcado con cranios de gando—, o que permitiu atacar os mouros pola retagarda e derrotalos.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 106.
Na década de 1930 emitíronse 50 moedas de medio dólar de prata conmemorativas de feitos ou personaxes históricos dos Estados Unidos. Estas moedas non eran vendidas polo Goberno, senón que o Congreso, ao autorizar o marco legal da emisión, adoitaba atribuírlle a unha organización o dereito exclusivo de adquirilas ao seu valor nominal e vendelas ao público cun sobreprezo.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5. No caso do medio dólar Old Spanish Trail, o grupo responsable foi o Museo de El Paso.Flynn, K. (2008). Páxina 353.
miniatura|233x233px|Lyman William Hoffecker, deseñador e comercializador da moeda.The Numismatist. Novembro de 1939. Páxina 940.
Lyman William Hoffecker era un comerciante de moedas de El Paso, Texas, e membro da American Numismatic Association.Smith, P. (2012). "Hoffecker, Lyman William". En American Numismatic Biographies. Páxina 208.Swiatek, A. (2012). Páxina 255. En 1929, organizou a Comisión da Compra de Gadsden —basicamente constituída por el mesmo—, co fin de lograr unha emisión de moedas conmemorativas do 75 aniversario da adquisición a México da zona de La Mesilla, negociada por James Gadsden. En 1930 aprobouse en ambas as cámaras do Congreso un proxecto de lei que podería ter dado lugar á súa autorización, mais foi vetado polo presidente Herbert Hoover, que consideraba abusiva a cantidade de moedas conmemorativas que se estaban a emitir. Sen desanimarse por iso, en 1935, logo de que Hoover deixara o cargo, Hoffecker fixo un segundo intento para unha emisión de moedas conmemorativas, esta vez en aproveitando o 400 aniversario do Vello Camiño Español, e para se asegurar a súa comercialización fíxose presidente do Comité de Moedas do Museo de El Paso, como entidade que se encargaría da súa distribución. Desta volta, desprazouse a Washington durante tres semanas e mantivo conversas con varios lexisladores, e mesmo se lle concedeu unha entrevista de cinco minutos co presidente Franklin D. Roosevelt que, segundo Hoffecker, resultou determinante.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 301-302. Máis tarde, Hoffecker testificou ante o Congreso que se lle pedira que se encargase dos preparativos do medio dólar Old Spanish Trail por ser o único coleccionista de moedas de El Paso, algo que o historiador numismático Q. David Bowers, no seu volume sobre moedas conmemorativas, cualificou de mentira, xa que Hoffecker se refire noutras partes da súa correspondencia a coleccionistas locais que compraron algunhas das moedas.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 306.
Proceso lexislativo miniatura|Ewing Thomason, representante demócrata por Texas e alcalde de El Paso, introduciu no Congreso o proxecto de lei para a creación da moeda.
R. Ewing Thomason, de Texas, presentou o 4 de marzo de 1935 na Cámara de Representantes o proxecto de lei H.R. 6372 para a creación do medio dólar conmemorativo do Vello Camiño Español. O proxecto de lei foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas, que celebrou unha sesión na que Thomason interveu para explicar a historia de Texas, e asegurou que o proxecto de lei non suporía ningún gasto para o Goberno. O 2 de abril, John J. Cochran, de Missouri, presentou o proxecto de lei na Cámara en nome da Comisión, e recomendou a súa aprobación."Provision Made for New Commemoratives". En Hobbies. Vol. 40. Nº 5. Xullo, 1935. Lightner Publishing, Chicago. Páxinas 79-80."Coinage of 50-cent pieces in commemoration of the Cabeza de Vaca Expedition and opening of the Old Spanish Trail". United States. Congress. House. Committee on Coinage, Weights, and Measures. 1935. O 3 de abril, Cochran presentou ante a Cámara, como medidas de emerxencia, dous proxectos de lei de moedas conmemorativas, entre os que estaba o da peza do Vello Camiño Español. Explicou aos membros que dubidaban dese carácter de "urxente" que a cuñaxe de medios dólares resultaba necesaria para as celebracións programadas para aquel verán, e que os proxectos se atrasaran por mor da doenza do presidente do comité. Charles D. Millard, de Nova York, preguntou se se consultaran os membros minoritarios (republicanos) da Comisión, e Cochran aseguroulle que así era, e que estaban a favor do proxecto. William D. McFarlane, de Texas, preguntou cal sería o gasto para o Goberno federal, ao que Cochran respondeu: "non lle ha custa ao Goberno nin cinco centavos".Congressional Record. Vol. 79. Páxina 4.951. 3 de abril de 1935. O proxecto de lei foi aprobado sen que se rexistrasen obxeccións, tras o cal Cochran conseguiu que se aprobase inicialmente a creación do medio dólar do Sesquicentenario de Hudson, Nova York.Congressional Record. Vol. 79. Páxina 4.952. 3 de abril de 1935.
miniatura|239x239px|O senador demócrata por Florida Duncan U. Fletcher defendeu no Senado o proxecto de lei para a creación da moeda."Duncan U. Fletcher". Library of the Congress.
No Senado, o proxecto de Lei do Vello Camiño Español foi remitido á Comisión de Banca e Moeda. O 23 de maio, Duncan U. Fletcher, de Florida, emitiu un informe no que recomendaba a aprobación do proxecto sen emendas. O 28 de maio, cando o proxecto se presentou no Senado, William Henry King, de Utah, preguntou se o proxecto contaba co apoio do Departamento do Tesouro, pero Fletcher non o sabía, xa que se trataba dun proxecto da Cámara de Representantes, cuxa Comisión o aprobara, do mesmo xeito que outros proxectos similares para exposicións e outras celebracións. O líder da maioría, Joseph Taylor Robinson, de Arcansas, insistiu en que non suporía ningún gasto para o Goberno; Fletcher amosouse conforme e afirmou que mesmo se gañaría algo de diñeiro coa señoriaxe. O proxecto de lei aprobouse sen máis debate,Congressional Record, Vol. 79, Page 8.318. 28 de maio de 1935. cunha autorización de 10.000 moedas de medio dólar, e foi promulgado coa sinatura do presidente Roosevelt."Old Spanish Trail Commemorative Coin Legislation". United States Mint.
Segundo a Numismatic Guaranty Corporation, "reescribindo a historia para satisfacer os seus propios fins, Hoffecker afirmou que El Paso era o final do Vello Camiño Español, percorrido polo explorador español Álvar Núñez Cabeza de Vaca, e os restos dunha expedición española de 1527. En realidade non era así, pero ao parecer iso non molestou o Congreso, xa que o 5 de xuño de 1935 se aprobou un proxecto de lei que autorizaba un máximo de 10.000 medios dólares conmemorativos do Camiño"."1935 Spanish Trail 50C". Numismatic Guaranty Company.
Preparación Hoffecker proporcionou esbozos para o deseño do medio dólar Old Spanish Trail e enviounos á US Mint para a súa aprobación. O 27 de xuño, a directora da Casa da Moeda dos EEUU, Nellie Tayloe Ross, remitiunos á Comisión de Belas Artes para os someter ao seu ditame, e sinalou que a posición das iniciais de Hoffecker, inicialmente entre as datas do aniversario, era obxectable. A Comisión enviou os esbozos a un dos seus membros, o escultor Lee Lawrie, para a súa aprobación, e este pensou que sería unha boa moeda se se modelaba adecuadamente. Nos esbozos faltaba a palabra LIBERTY, algo que Ross tamén sinalara. Lawrie considerou que debía incluírse e suxeriu que se inserise entre os cornos da vaca, como así se fixo. Lawrie tamén recomendou que as iniciais de Hoffecker fosen menos rechamantes. A Comisión en pleno aprobou os deseños, coa condición de que se tivesen en conta as críticas de Lawrie.Taxay, D. (1967). Páxinas 175-176.
Daquela, contratouse a Edmund J. Senn, de El Paso, para que fixese os modelos de xeso necesarios baseándose nos deseños e nos requisitos da Comisión de Belas Artes.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 180. Edmund, que daquela estaba desocupado, púxose a traballar nos modelos no garaxe de Hoffecker, que o supervisaba.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 304. Cando os modelos estiveron listos, enviáronse á Comisión de Belas Artes, á que non lle gustou o aspecto da cabeza da vaca, polo que esixiu que se modificase. Tamén cuestionou a colocación da palabra LIBERTY nunha cinta, como se fose un lema, cousa que non era.Taxay, D. (1967). Páxina 176. Senn revisou os seus modelos, aínda que os cambios realizados na cabeza foron moi lixeiros.Taxay, D. (1967). Páxina 178.
Deseño