O nacionalismo copto é un movemento político nacionalista que defende os intereses dos coptos ( , ), como un grupo étnico que habita principalmente na área do moderno Exipto. A maioría dos coptos étnicos forman parte da Igrexa ortodoxa copta. Os cristiáns ortodoxos coptos son a meirande denominación cristiá de Exipto.
Identidade copta A identidade copta actual ten as súas raíces na década de 1950 co auxe do panarabismo baixo Nasser. Ata ese momento, o nacionalismo exipcio era a principal forma de expresión da identidade exipcia,Haeri, Niloofar. Sacred language, Ordinary People: Dilemmas of Culture and Politics in Egypt. Nova York: Palgrave Macmillan. 2003, pp. 47, 136. os coptos víanse só como coptos sen ningún sentimento árabe.Deighton, H. S. "The Arab Middle East and the Modern World", International Affairs, vol. xxii, no. 4 (outubro de 1946), p. 519. A loita por determinar esta identidade exipcia comezou cando Nasser e o seu réxime intentaron impor unha identidade árabe ao país e intentaron borrar todas as referencias a Exipto como unha entidade separada e única. A persecución é fundamental para o sentido de identidade dos coptos.Deighton, H. S. "The Arab Middle East and the Modern World", International Affairs, vol. xxii, no. 4 (outubro de 1946)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Lin Noueihed, Alex Warren. The Battle for the Arab Spring: Revolution, Counter-Revolution and the Making of a New Era. Yale University Press, 2012.
Categoría:Nacionalismo copto