Ángel Ramiro Rebolo Rodríguez, nado en Lugo o 22 de xuño de 1975, é un ex xogador e profesional de baloncesto galego. Cunha altura de 1,74 m, xogaba na posición de base. Debutou na Liga ACB con só 15 anos da man do Club Baloncesto Breogán, converténdose no seu momento no xogador máis novo da historia en debutar na competición, sendo actualmente o terceiro só superado por Bassala Bagayoko e Ricky Rubio.

Traxectoria Nado en Lugo, Rebolo formouse na canteira do principal club da súa cidade natal, o Club Baloncesto Breogán. Unha lesión dun dos bases do primeiro equipo, que naquela altura competía na Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español, levou ao xogador a debutar na competición con 15 anos, 3 meses e 7 días de idade. O seu debut produciuse na terceira xornada de competición no Pavelló Font de Sant Lluís ante o Pamesa Valencia. Naquel momento foi o xogador máis novo en debutar na ACB, sendo superado ao longo dos anos tan só por Ricky Rubio e Bassala Bagayoko. Despois dese primeiro encontro, participou en 5 máis. Con todo, ao final da temporada decidiu non continuar co baloncesto profesional ao sentirse desbordado e moi presionado pola situación.

Clubs DYC Breogán (1990–1991)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en ACB Perfil en BD Basket Perfil en Proballers Perfil en Basketball Reference

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Deportistas de Galicia Categoría:Deportistas de Lugo Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Club Estudiantes de Lugo Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB