Ángel Temiño Sáiz, nado en Sarracín (Burgos) o 17 de setembro de 1910 e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1991, foi un eclesiástico español, foi bispo de Ourense.

Traxectoria Fillo do labrego e contratista Eladio Temiño Rebollo e Dolores Sáiz Espiga. Aos dez anos ingresou no Seminario menor de san José (Burgos). Logo de obter os gras de Bacharel, Licenciado e Doutor na Facultade de Filosofía no Seminario Maior (Burgos), que servía de Universidade Pontificia de san Jerónimo, trasladouse a Roma, onde se licenciou en Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana (1934). Ese ano recibiu o subdiaconado (15 de xullo), diaconado (22 de xuño) e presbiterado (29 de xullo), na igrexa do Gesù.

O 4 de xullo de 1935 doutorouse en Teoloxía cunha tese sobre o teólogo Bartolomé Torres. O 29 de maio de 1937 conseguiu a licenciatura en Ciencias Eclesiásticas Orientais, logo de estudar os cursos 1935/36 e 1936/37 no Pontificio Instituto Oriental (Roma).

Actividade sacerdotal O 4 de xuño de 1937 regresou a España, en plena Guerra Civil. Foi destinado á fronte, con vinte e seis anos, como capelán do Corpo de Exército de Galicia, co grao de alférez. Ao rematar a guerra foi nomeado capelán auxiliar dos Establecementos Provinciais de Beneficencia e consiliario dos Mozos de Acción Católica, e delegado de Educación Popular (1945-1951). Dende 1940 impartiu clases de: Latín, Psicoloxía experimental, Historia natural, Historia da Filosofía, Hebreo, Teoloxía Dogmática e Estudos Orientais no seminario metropolitano de san Jerónimo (Burgos).

O 24 de maio de 1947 tomou posesión como cóengo da catedral de Santa María de Burgos. Foi capelán do Hospital provincial.

Bispo de Ourense miniatura|Placa na igrexa de Casas dos Montes (A Granxa, Oímbra). O papa Pío XII nomeouno bispo de Orense en 1952. A súa consagración episcopal tivo lugar na catedral de Burgos o 30 de novembro de 1952 nun acto presidido polo arcebispo de Burgos, Luciano Pérez Platero. A súa toma de posesión foi por medio de apoderado, o deán Manuel Gil Atrio, o 29 de xaneiro de 1953. O 1 de febreiro dese ano fixo entrada pública na Diocese, procedente de Santiago de Compostela. Permaneceu na sede auriense durante 34 anos, ata o 21 de maio de 1987. Destacou como teólogo dentro das correntes da teoloxía tradicional, e sobre todo da sacramentoloxía, publicando algúns traballos na Revista Española de Teología y Estudios Bíblicos. Considerado como nacional-católico e contrario ao espírito do Concilio Vaticano II, foi considerado como un bispo autoritario.Enrique Bande en La diócesis de Ourense di del: «Agarrado siempre al nacionalismo sindicalista con la mentalidad de cruzada y autoritario, se mostró incapaz de comprender la mentalidad gallega y ourensana»; «un obispo que vivió siempre al margen de los pobres, cercano a los privilegiados de la fortuna, de la cultura y del poder. Nunca tuvo en cuenta al clero joven en su modo de actuar autoritario». Foi prolífico en escritos pastorais que apareceron no Boletín Oficial del Obispado.

Falecemento Faleceu en Sarracín, a localidade na que nacera 81 anos antes, vítima do cancro. O seu cadáver foi trasladado a Ourense, onde foi soterrado.

Obras Bartolomé Torres, Teólogo, (tese doutoral) Burgos, 1941. La causalidad de los Sacramentos y el Cuerpo místico: discurso inaugural del curso académico 1945-1946, Burgos, Seminario, 1945. La mediación de María, Ourense, Imprenta Hodire, 1964.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ángel Temiño, el obispo que hablaba con el Espíritu Santo

Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Nados na provincia de Burgos Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1991