A Asociación Deportiva Mérida é un equipo de fútbol de España da cidade de Mérida, capital de Estremadura. Na actualidade compite na Segunda División B de España.
Historia
O primeiro equipo importante de Mérida foi a Sportiva Emeritense que xurdiu o 28 de decembro de 1912, pasando por fusións e diversas denominacións históricas como Club Catalanes (1919-1921), Emérita Football Club (1921-1930), Club Deportivo Emérita (1930-1934), Emérita Football Club (1934-1936), Sociedade Deportiva Emeritense (1939-1966), Mérida Industrial Club de Fútbol (1966-1985), Club Polideportivo Mérida (1985-2000) e Mérida Unión Deportiva (2000-2013), ambos os desaparecidos.
A AD Mérida foi fundada en 2013 e adquiriu mediante poxa xudicial os dereitos do Mérida UD. O 4 de agosto de 2016 constitúese como sociedade anónima deportiva.
Estadio
miniatura|Vista do Estadio Romano desde tribuna. Estadio Romano José Fouto, con capacidade para 14 698 espectadores sentados, dimensións de 106x70 e de céspede natural. O estadio inaugurouse o 23 de maio de 1953 e foi remodelado completamente en 1995, adoptando a súa actual configuración.
Datos do club
Dirección social: Rúa Villafranca de los Barros s/n, 06800 Mérida Teléfono/Fax: 924 330 841 Correo electrónico: [email protected] Orzamento: 900 000 € Abonados: 2000 Equipamento: Uhlsport Patrocinador: Mérida, Patrimonio da Humanidade Copatrocinadores: Estremadura, Deputación de Badaxoz e BeSoccer.
Xogadores Categoría principal: Xogadores do Mérida AD
Cadro actual
| colspan=8 bgcolor=black style="color:white;" align=center| Gardametas 12px|Capitán
| colspan=8 bgcolor=black style="color:white;" align=center| Defensas
12px|Capitán
12px|Capitán |- | colspan=8 bgcolor=black style="color:white;" align=center| Centrocampistas
12px|Capitán
| colspan=8 bgcolor=black style="color:white;" align=center| Dianteiros
Corpo técnico Categoría principal: Adestradores do Mérida AD CargoTécnico(s)Adestradores Miguel Rivera Mora Ángel GutiérrezPreparadores físicos Germán GonzálezAdestrador de porteiros David BalsaDelegado Fernando TorresAsistentes Felipe G. Tarriño Javi CorralesFisioterapeutas Víctor Martínez Álvaro GonzálezServizos médicos Nadia MorenoEncargado do material Jesús Méndez
Canteira, fútbol feminino e fútbol sala O club conta cun equipo filial masculino na Primeira División Estremeña, o A. D. Mérida Promesas - Nueva Ciudad. Ademais xestiona os seus propios equipos de canteira, desde escola de iniciación até xuvenís, e conta con varias escuadras xogando competicións rexionais en categorías inferiores. Todas as categorías inferiores agrúpanse na chamada "Academia Mérida".
O A. D. Mérida Feminino xoga en Primeira Nacional e no verán do 2020 creouse a sección de fútbol sala.
Palmarés Tempadas Tempadas en Primeira División: 2 Tempadas en Segunda División: 7 Tempadas en Segunda División B: 15 Tempadas en Terceira División: 46
*Cómputo global de tempadas entre o CP Mérida, Mérida UD e AD Mérida.
Trofeos
Campión de Segunda División (2): 1994/95 e 1996/97.
Campión de Terceira División (7): 1956/57, 1979/80, 1988/89, 1999/00, 2004/05, 2014/15 e 2018/19.
Subcampión de Terceira División (6): 1954/55, 1981/82, 1987/88, 1997/98, 2000/01 e 2013/14.
*Títulos totais entre o CP Mérida, Mérida UD e AD Mérida.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol de Estremadura Categoría:Equipos do grupo 2 da Primeira División RFEF Categoría:Deporte en Mérida