Na mitoloxía grega, Tifis foi o temoneiro que gobernaba o Argo, a nave na que se embarcaron os argonautas para tomar o vélaro de ouro. Era fillo de Hagnias Pseudo-Apolodoro I, 9, 16; Grimal, s.v. Tifis., se ben outros autores fano fillo de Forbante e Hirmine Hixino: Fábulas 14, 9. ou de Tife (ou Sife). Pausanias escribiu que había unha pequena cidade chamada Tifa (ou Sifas), na Beocia, da que procedía Tifis; os habitantes facían gala de ser os mellores navegantes da rexión Pausanias: Geografía de Grecia IX, 32, 4..
Coñecía abondo os ventos e o movemento dos astros, habilidades que lle proporcionara Atenea, se ben non participou nunca nas batallas desenvolvidas en terra firme polos seus compañeiros os argonautas. Grazas a un cunco máxico que lle regalara Medea, e que a ela llo dera Tritón, soubo o camiño a seguir para saír do lago Tritonis, en Libia, e volver ó mar. miniatura|Tifis e Argos construíndo a nave, baixo a dirección de Atenea (relevo romano, c. s. I, Museo Británico) Tifis morreu dunha enfermidade súbita estando os argonautas no palacio do rei Lico, no país dos mariandinos, na beira sur do Ponto Euxino (denominación clásica do Mar Negro), e foi substituído como temoneiro do Argo por Anceo, fillo de Poseidón, que continuou a viaxe ata a Cólquida Hixino 18, 1; Pseudo-Apolodoro I, 9, 23..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega