A Universidade de Pensilvania (University of Pennsylvania, Penn ou UPenn) é unha universidade privada da Ivy League localizada en Filadelfia, Pensilvania. A universidade afirma que foi fundada en 1740 Princeton's library presents another diplomatically-phrased view. e é un dos nove colonial colleges creados antes da declaración de independencia dos Estados Unidos de América. Benjamin Franklin, fundador e primeiro presidente de Penn, defendía un programa educativo que formaba líderes en comercio, goberno e servizo público, semellante a un currículo moderno en artes liberais cunha perspectiva práctica.

Penn ten unha produción científica moi altaTop Universities e lidera nas disciplinas de negocios, dereito, medicina, educación, artes, humanidades, ciencias sociais, negocios, arquitectura e enxeñaría.US News Entre as súas escolas e facultades atópanse a Wharton Business School e a Escola de Medicina Perelman, a facultade de medicina máis antiga dos Estados Unidos. A "One University Policy" ("Política dunha universidade") de Penn permite o alumnado matricularse en clases de calquera das doce escolas da universidade.Meyerson, Martin (29 de xaneiro de 1973). "Report of the University Development Commission" (PDF). upenn.com. Consultado o 16 de xuño de 2018.

Historia O seu nome orixinal foi Igrexa e Escola Caritativa de Filadelfia (Church and Charity School of Philadelphia). Por ser a primeira institución estadounidense en ter máis dunha facultade e ser a primeira que obtivo recoñecemento oficial como universidade, considérase tecnicamente a primeira universidade dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial University of Pennsylvania athletics website