O Tampere Jazz Happening é un festival de jazz que se celebra cada ano dende 1982 na cidade de Tampere, Finlandia. Dende 1990 está producido por Tampereen musiikkijuhlat (en galego "Festivais Musicais de Tampere"). Durante o festival escóitanse tanto figuras destacadas do jazz moderno internacional como talentos emerxentes do jazz finlandés. Entre as súas sedes inclúense Klubi e Telakka, no Centro Cultural Tullikamari. Amais da música, o festival tamén inclúe proxeccións de cine sobre jazz, obradoiros e arte.

En 2017 o festival foi galardoado polo Europe Jazz Networkin co Premio EJN Award for Adventurous Programming polo deseño dun programa musical visionario e atractivo para a audiencia.

Ao longo da súa historia exerceron como directores executivos e planificadores de programa para o evento:

Aila Sauramo 1984–1998 Annamaija Saarela 1999–2002 Juhamatti Kauppinen (planificador de programas) dende 2002

Polo escenario do Tampere Jazz Happening teñen pasado figuras como Don Cherry (1992), Ornette Coleman (1995), Cecil Taylor (1998), Sam Rivers (2001), Tony Allen (2008, 2017) e Ginger Baker (2015).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do festival

Jazz Categoría:Festivais de música Categoría:Jazz