Segundo Pampillón Rodríguez, nado en Tameiga (Mos) o 24 de marzo de 1907 e finado en 1980, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Fillo de Anacleto Pampillón Sío. Cursou estudos primarios e secundarios nos Salesianos de Vigo e fíxose perito mercantil. Foi administrador da empresa madeireira da súa familia en Sanguiñeda. Na II República fundou en Mos Acción Republicana. Integrouse despois en Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado membro da xestora de Mos e elixido alcalde en marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 18-3-1936, p. 13. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no cárcere de Tui e logo en Vigo. Logrou fuxir a Portugal onde foi reclamado polo seu irmán que vivía na Arxentina. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi sobresido provisionalmente. Chegou a Buenos Aires en 1937 e integrouse no Centro Republicano Español. En 1960 foi membro do Consello de Galicia. Foi o impulsor do Instituto de Cultura Galega do Centro Galego de Buens Aires. Dedicouse ao xornalismo radial participando do programa Galiza en América de Radio Nacional de Buenos Aires e colaborou con Luís Seoane no programa Galicia Emigrante. Retornou a Galicia en 1958 para dirixir a fábrica familiar. Volveu á Arxentina en 1962.

Recoñecementos

O 2 de agosto de 1997 o concello de Mos tributoulle unha homenaxe póstuma, e púxolle o seu nome a unha rúa."Pampillón, «o alcalde mais longo da historia de Mos»", La Voz de Galicia, Vigo, 3-8-1947, p. 48. Vida persoal

Casou no Porriño con María del Carmen Paz Domínguez, filla do médico Manuel Paz Varela, en 1932.El Sobroso, 1-9-1932, p. 2. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Segundo Pampillón, o alcalde das dúas beiras

Segundo Pampillón Rodríguez, Enciclopedia da Emigración Galega. Segundo Pampillón Rodríguez

Categoría:Alcaldes de Mos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Mos

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes