Napoleon II, nado o 20 de marzo de 1811 e finado o 22 de xullo de 1832, fillo de Napoleón Bonaparte foi brevemente o segundo emperador francés. miniatura|210px|dereita|Napoleón II
Traxectoria
Napoléon François Joseph Charles, foi coñecido desde o seu nacemento como rei de Roma, a súa nai foi a segunda esposa de Napoleón, a arquiduquesa María Luísa de Austria. Tres anos despois do seu nacemento en París e co derrube do Primeiro Imperio Francés, Napoleón abdicou no seu fillo o 4 de abril de 1814, o 6 dese mes Napoleón renuncia el e a súa descendencia á coroa francesa. En 1815 coa volta de Napoleón ó poder restaurase o título de Príncipe imperial pero non o de rei de Roma. Trala desfeita de Waterloo, Napoleón abdica o 22 de xuño de 1815 e a Cámara de Representantes e dos Pares recoñecen a Napoleón II como emperador malia vivir en Vienne en poder dos aliados, o 7 de xullo estes entran en París e poñen fin ó réxime, Napoleón II viviu o resto dos seus días en Austria co dereito a levar o título de duque de Reichstadt. Morreu de tuberculose no seu palacio de Viena ós 21 anos.
Categoría:Familia Bonaparte Categoría:Emperadores de Francia Categoría:Nados en 1811 Categoría:Finados en 1832 Categoría:Finados por tuberculose