miniatura|Filipe III de Castela e II de Aragón e Portugal.
Filipe III de EspañaFeros, Antonio. Kingship and Favouritism in the Spain of Philip III, 1598-1621. Cambridge: Cambridge University Press. (2006)Sánchez, Magdalena S.; Saint-Saëns, A. (eds). Spanish women in the golden age: images and realities. Greenwood Publishing Group. (1996)Rodriguez Franco, N. Memorias para la historia de don Felipe III, rey de España. 1723Menéndez Pidal, R. Historia de España: El siglo XVI : economía, sociedad, instituciones. Espasa-Calpe, 1989. ISBN 84-239-4800-5, 9788423948000.Allen, Paul C. Felipe III y la Pax Hispánica, 1598-1621 : el fracaso de la gran estrategia. Madrid : Alianza, D.L. 2001. ISBN 84-206-6772-2 e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.
Traxectoria Era fillo de Filipe II e Ana de Austria, sucedeu ao seu pai en 1598. Ao ano seguinte casou con Margarida de Austria coa que tivo oito fillos.
Durante o seu reinado, o sistema de goberno foi o mesmo que o dos primeiros Austrias, aínda que pronto se substituíu polo poder delegado nun valido, debido á insuficiente capacidade do monarca. Así, desde o comezo do seu reinado, o monarca puxo os asuntos de Estado en mans do seu valido Francisco de Gómez de Sandoval y Rojas, marqués de Denia e, máis tarde, duque de Lerma.
Entre 1601 e 1606 trasladou a corte a Valladolid. En 1609 asinouse a Tregua dos Doce Anos cos Países Baixos, que representaba o recoñecemento oficial da existencia dos Países Baixos como estado independente. Esta paz permitiu ao goberno enfrontarse co problema dos mouriscos, cuxa integración na sociedade española se fixo moi difícil tralas sublevacións das Alpuxarras, sendo ese mesmo ano, 1609, cando decidiu a súa expulsión por motivos relixiosos e de seguridade interior.
Pero este período de paz finalizou en 1618 ao comezar a guerra dos Trinta Anos, na que España apoiou ao emperador Fernando II de Austria en contra do elector do Palatinado, Federico V.
Tamén en 1618 e debido á deterioración da situación política e a crise económica, Filipe III viuse obrigado a substituír a Lerma polo seu fillo, o duque de Uceda, pero limitándoo nas súas funcións e, xa que logo, restándolle poder. O reinado de Filipe III supuxo o mantemento da hexemonía española no mundo, pero as súas dificultades económicas e a cesión do goberno a privados ou validos predicía xa o declive do Imperio.
Con Margarida de Austria, Filipe III tivo oito fillos: Ana María Mauricia (1601- 1666) raíña consorte de Francia, esposa de Lois XIII de Francia María (1603 - 1603) Filipe (1605 - 1665) María Ana (1606 - 1646) emperatriz consorte do Sacro Imperio, esposa de Fernando III de Habsburgo Carlos (1607 - 1632) Fernando (1609 - 1641) Margarida (1610 - 1610) Afonso (1611 - 1611)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia de España
Categoría:Reis de España Categoría:Reis de Portugal Categoría:Príncipes de Asturias Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1578 Categoría:Finados en 1621 Categoría:Casa de Habsburgo