Acontecementos Europa Francia: O rei Raúl I de Francia derrota aos normandos na Batalla de Estresse. Escandinavia: Reformas de Ulfjotr e creación do Parlamento (o máis antigo), o althing, e a reorganización dos thing de distrito baixo o control dos Godar. Constitúese unha especie de república dirixida por algo parecido a unha asemblea aristocrática ("fridharöld", a "Idade da Liberdade", 930-1150). Fundación do Alþingi, parlamento nacional de Islandia.

Mundo árabe Os Cármatas de Abu Tahir saquean Meca, levando con eles a pedra negra da Kaaba, será devolta a cambio dun rescate dúas décadas máis tarde (952)

Asia O emperador Suzaku ascende ao trono do Xapón. O estado illa Coreano independente de Usanguk convértese en protectorado de Goryeo. O exército de Goryeo derrota a Hubaekje na Batalla de Gochang.

Nacementos

Xisulfo I, príncipe longobardo de Salerno (m. c. 977). Pedro de Mezonzo, bispo de Iria Flavia (m. c. 1003).

Mortes Al Battani, astrónomo, matemático e xeógrafo, coñecido en Europa como Albetanus, que descubriu a precesión dos equinocios e a inclinación da eclíptica. Calculou que África e Asia non estaban unidas.

Outros Fundación da abadía de Montmajour na Provenza. Odón de Cluny compón A vida de Géraud d'Aurillac. Diago, emperador do Xapón

Historia ano a ano

Categoría:930