O Tratado de Madrid foi un tratado asinado por España e Francia o 14 de xaneiro de 1526. Leva o nome da cidade na que foi asinado, onde se atopaba preso o rei de Francia, Francisco I dende a súa derrota na batalla de Pavia.

Termos do Tratado

Francia renuncia ás súas aspiracións políticas sobre Borgoña, Artois, Tournai, Flandres e o norte de Italia. Francisco I de Francia comprometeríase a casar coa irmá do rei español, Leonor. Dous dos fillos de Francisco vivirían en España como garantía do cumprimento do tratado.

Resolución do Tratado

Francisco I ó chegar a Francia denunciou o Tratado por consideralo asinado baixo coacción, xa que era refén do rei Carlos.

Madrid Categoría:Relacións internacionais de España Categoría:Relacións internacionais de Francia Categoría:1526 Categoría:Madrid