thumb|upright=0.8|Emoticona de sorriso

Unha cariña ou emoticona é unha sucesión de caracteres especiais que representan caras humanas e que se emprega en Internet para expresar o estado de animo de quen escribe.

Historia Cando a fins da década de 1970 se popularizaron as BBS entre os especialistas informáticos dos Estados Unidos nos que intercambiaban mensaxes de texto nos que as bromas, chistes ou a retranca non sempre se entendía como tales interpretándose literalmente o texto. Para evitar iso xurdiron formas de transmitir sentimentos polo texto como escribir a palabra joke (broma) ó final dunha frase graciosa para defini-lo seu contexto.

Un enxeñeiro especialista en intelixencia artificial, Scott E. Fahlman, propuxo ós usuarios dunha BBS en 1982 utilizar :-) para expresar un texto en broma e :-( para expresar un texto serio, denominou a esta sucesión de caracteres smileys. Pouco a pouco outros usuarios comezaron a empregalos e fixéronse populares e seguiron cando Internet se fixo algo cotián e pasaron ás mensaxes de texto dos móbiles.

Actualmente desenvolvéronse máis cariñas para expresar diferentes sentimentos, accións ou personaxes e moitas veces aparecen substituídos por auténticas caras ou bonequiños.

Exemplos

:-) sorriso :-( tristura >:-( enfado :/ algo descontento :-D moi contento :-P saca-la lingua ;-) chiscadela :-o sorpresa :-7 raro xD risa :\/ boca grande (°<, :v ou :V pac-man @:-) muller con pelo recollido 0:-) Santo, inocente. :-E Drácula. :* bico. :@ carraxe

Cariñas xaponesas

:(`ヘ´) anoxado :( ´_ゝ`) indiferente

Cariñas gráficas

Ficheiro:confused-tpvgames.gif confuso

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Yahoo: Cariñas gráficas Anikaos: Cariñas xaponesas.

Categoría:Internet