A Unión Astronómica Internacional (siglas en inglés: IAU, International Astronomical Union) é o organismo internacional que se encarga de promover e coordina-la investigación astronómica a nivel global. Está organizada en 12 divisións científicas, e dentro 37 comisións máis especializadas, ademais de 90 grupos de traballo. O seu nacemento tivo lugar no 1919. A actual presidenta (2019) é Ewine van Dishoeck.

A UAI reúne a máis de 13 500 astrónomos profesionais de máis de 100 países do mundo. A súa misión é promover e salvagardar a astronomía en todos os seus aspectos, incluíndo investigación, comunicación, educación e desenvolvemento, a través da cooperación internacional. A UAI tamén serve como autoridade recoñecida internacionalmente para asignar designacións a corpos celestes e as características de superficie neles. alt=Os 74 membros da Unión en agosto de 2015|miniatura|Os 74 membros da Unión en agosto de 2015 Os grupos de traballo son establecidos Polo Comité executivo, As Divisións ou Comisións, para tomar tarefas ben definidas por períodos limitados de tempo. Na actualidade (2019), un dos grupos, a Division B WG UV Astronomy (para o estudo das emisións ultravioleta) está dirixido pola española Ana I. Gómez de Castro ('Chair' do grupo).

Asemade, desenvolve proxectos en conxunto con outras entidades, como o Galileo Teachers Training Program, en colaboración con HOU.

Ten tamén un grupo de nomeamento de pequenos corpos celestes, o "Working Group for Small Body Nomenclature (WGSBN)", que por exemplo, nomeou a Arrokoth.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web da UAI. Communicating Astronomy with the Public, CAP Journal da UAI

Categoría:Astronomía