O coatí de cola aneladaBUSCatermos coatí de cola anelada, que dá como fontes: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, e Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009 (Nasua nasua) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos prociónidos que habita predominantemente nas selvas suramericanas e a parte meridional de Centroamérica.

Distribución Habita en selvas de América tropical e subtropical, en Colombia, Venezuela, Güiana, o Brasil, Ecuador, o Perú, Bolivia, Paraguai até o norte da Arxentina e do Uruguai e mesmo foi introducida no Arquipélago Juan Fernández en Chile.

Identificación É un mamífero relacionado co mapache, pero a especie caracterízase por ter un fociño longo e poutas de oso.

A súa pel é ou pardo suave ou negra, con ventre máis claro, e aneis brancos na cola en moitos casos. A súa cabeza é delgada cun nariz alongado, orellas pequenas, pés negros, cola longa non prénsil usada para balancearse e sinalar.

Subespecies Esta especie atópase dividida en 13 subespecies:

Nasua nasua nasua Nasua nasua aricana Nasua nasua boliviensis Nasua nasua candace Nasua nasua cinerascens Nasua nasua dorsalis Nasua nasua manium Nasua nasua molaris Nasua nasua montana Nasua nasua quichua Nasua nasua solitaria Nasua nasua spadicea Nasua nasua vittata

Notas

Véxase tamén

Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Prociónidos