LAM - Linhas Aéreas de Moçambique é a aeroliña nacional de Mozambique. A compañía foi creada polo goberno colonial portugués de Mozambique en agosto de 1936 como unha compañía chárter chamada DETA - Direcção de Exploração de Transportes Aéreos. Cambiou o seu nome en 1980 tras unha reorganización da aeroliña.

Linhas Aéreas de Moçambique está baseada en Maputo, e ten o seu centro de conexións no aeroporto de Maputo. A compañía opera voos regulares no sur de África. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional e da Asociación de Aeroliñas Africanas dende 1976.

Frota En xaneiro de 2018 a frota de LAM - Linhas Aéreas de Moçambique estaba formada polos seguintes avións:

+Frota de LAM - Linhas Aéreas de MoçambiqueAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas<abbr title="Business">C</span></abbr><abbr title="Economy">Y</span></abbr>TotalBoeing 737-5001—1299111Boeing 737-70013 12120132Embraer 190AR2—98594Total43

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Mozambique