A Universidade de Fort Hare (en , en ) é unha universidade pública surafricana que se atopa en Alice, en Bhisho e East London.
Foi unha institución chave na educación superior de africanos negros de 1916 até 1959. Ofrecía unha educación academicamente de estilo occidental a estudantes de toda África subsahariana. Os seus alumnos formaron parte de movementos independentistas e posteriores gobernos de países africanos. Entre os seus alumnos máis salientables atópanse Nelson Mandela, Oliver Tambo, Govan Mbeki ou Mangosuthu Buthelezi.
En 1959, a universidade foi subsumida polo apartheid, pero agora forma parte do sistema de educación surafricano post-apartheid. O campus principal da universidade atópase á beira do río Tyhume ó seu paso pola cidade de Alice (ou Dikeni, en xhosa).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Universidade de Fort Hare