O Partido Nacional (en , NP) foi o partido do goberno da Suráfrica de 1948 a 1994, que promoveu políticas de apartheid e a promoción da cultura afrikaans.
O partido, na década de 1980, comezou a perder apoio da á máis conservadora, que viría a formar o Partido Conservador, polo proceso gradual para pór fin ó réxime de apartheid. Após a chegada de Frederik Willem de Klerk, en 1989, ó liderado do partido e do país, o apartheid foi disolto, foi permitido a inscrición de partidos e a liberación de varios presos políticos, como Nelson Mandela. Con esta liberalización, o partido permitiu a inscrición a persoas de todas as razas, moderou o seu programa e tornouse un partido conservador clásico, de centro dereita.
O partido foi disolto en 1997, sendo sucedido polo Novo Partido Nacional, que en 2005 tamén foi disolto, tras se fundir cos antigos rivais do Congreso Nacional Africano.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Partidos políticos de Suráfrica Categoría:Partidos conservadores-liberais Categoría:Partidos nacionalistas africáners Categoría:Supremacismo branco