Os premios Irmandade do Libro foron uns galardóns que se celebraron ao longo dunha vintena edicións organizados pola Federación de Librarías de Galicia, sendo a derradeira a de 2015. Tiñan por obxecto distinguir obras literarias galegas, escritas preferentemente en lingua galega, e constaban de diversas modalidades: mellor libraría, mellor centro de ensino, premio ao fomento da Lectura, libro do ano para o público adulto, libro infantil e/ou xuvenil do ano, obra editorial e autor ou autora do anoXXIV Premios Irmandade do Libro ..

A partir da creación da 1ª edición da Gala do Libro Galego, en 2016 -que agrupou os galardóns da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega de Editores e da propia Federación de Librarías de Galicia-,Nace la Gala do Libro Galego tras un acuerdo histórico del sector, Faro de Vigo, 21 de novembro de 2015 . os premios Irmandade do Libro deixaron de celebrarse.

Listaxe de premiados

Premio Irmandade do Libro ao mellor libro galego do ano 2011: Non hai noite tan longa (Xerais) de Agustín Fernández Paz 2012: A noite branca (Xerais) de Francisco X. Fernández Naval

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Federación de Librarías de Galicia. Bases da XXIV edición .

Irmandade do libro