The Girl on the Train é unha novela de intriga e misterio da autora británica Paula Hawkins, publicada en 2015, que se converteu nun superventas en Gran Bretaña, os Estados Unidos e o Uruguai desde a súa publicación, e da que se venderon cinco millóns de exemplares en seis meses, permanecendo 20 semanas na lista dos libros máis vendidos do New York Times, e en España superou as 44 edicións.

Argumento Rachel é unha muller devastada polo seu divorcio, que cada mañá toma o tren das 08:04 cara a Londres. Tódolos días, o tren detense nun semáforo vermello, desde onde pode observar varias casas. Nunha delas vive unha parella á que Rachel chama Jason e Jess e sobre a que se inventou unha perfecta historia de amor, que máis tarde descobre que non é tan perfecta. Por mor diso, vese involucrada nun misterio.

Personaxes

Rachel: é a protagonista da historia, é unha muller alcólica e con varios problemas na súa vida. Cada vez que toma o tren, nunha parte do camiño albisca a unha parella á que chama Jess e Jason que, segundo Rachel, son a parella perfecta. Tom: ex parella de Rachel, divorciouse dela polos problemas de alcolismo que tiña Rachel e polos constantes problemas que tiñan como parella. Despois do divoricio, conseguiu formar unha nova familia á cal está disposto a defender como sexa. Megan: é a moza á que Rachel chama como Jess. Megan é unha muller con varios segredos escuros e a súa realidade é moi distinta á que Rachel imaxina. Scott: é a parella de Megan, polo tanto Jason para Rachel. Scott, do mesmo xeito que Megan, é un home con varios defectos o que enturba a súa relación amorosa, que é moi diferente do que aparenta fronte ao resto das persoas. Anna: é a actual esposa de Tom co cal teñen unha pequena filla. Ela é unha muller que vive tratando de compracer ao seu marido e loita pola felicidade da súa familia. Por outra banda vive constantemente asustada e incómoda pola presenza da ex de Tom (Rachel).

Adaptación cinematográfica Os dereitos para a súa adaptación ao cine foron adquiridos por Dreamworks en 2014. En maio de 2015, anunciouse que o director da película sería Tate Taylor cun guión de Erin Cressida Wilson. O 5 de xuño de 2015, fíxose público que a actriz Emily Blunt, estaba en conversacións para protagonizar a película, que se realiza en 2016.

Referencia bibliográfica Non existen traducións ó galego.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Girl on the Train (película)

Ligazóns externas

Páxina oficial da novela

Categoría:Novelas ambientadas en Londres Categoría:Novelas de suspense Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 2015