Vicente María Feijoo-Montenegro y Arias, nado en Allariz o 19 de febreiro de 1813 e finado en Baiona o 14 de outubro de 1854, foi un médico e poeta galego, que Ricardo Carballo Calero sitúa entre os precursores de Rosalía.

Traxectoria Vicente María Feijoo-Montenegro y Arias foi o cuarto neto do señor da Granxa do Mato, don Antonio Feixoo-Montenegro, pai de Frei Bieito Feixoo. Licenciouse en Medicina en 1837.

Foi amigo de Neira de Mosquera e tamén de Saco e Arce, quen o fixo figurar na pequena antoloxía da súa Gramática unha composición de Vicente Feijoo: Á boa memoria de Azara. Con motivo da publicación das obras completas de Azara (1771-1804) preparouse unha “corona poética” con poemas nas diferentes linguas do estado. A composición é un himno escrito en 1851 e composto en hendecasílabos formados por tres anapestos e unha sílaba final. Comeza e remata con serventesios, o resto consta de nove oitavas italianas, cos versos 1º e 5º non libres. O vocabulario é enxebre. Vicente Feijoo tamén é autor de lendas en verso e algunha novela histórica en castelán .

Morreu en Baiona, vítima do cólera

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1813 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Finados en 1854 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes