Manuel López Casas, nado en San Pedro de Laroá (Xinzo de Limia) o 9 de marzo de 1948, é un mestre e político galego do PPdeG
Traxectoria Diplomouse en Maxisterio e exerceu como mestre dende 1969 en centros de Xinzo de Limia e Pontevedra; especialista en Lingua Galega. Foi elixido concelleiro nas municipais de 1979, inicialmente pola UCD, pasando posteriormente por Coalición Galega, Centristas de Galicia e PPdeG, sendo o primeiro tenente de alcalde de Isaac Vila. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 1997. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG en Xinzo de Limia e foi a forza máis votada, sen maioría absoluta, polo que non logrou a alcaldía tras un pacto entre o PSdeG, BNG e Coalición Galega. O 23 de xaneiro de 2001 foi nomeado director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura. En 2002 pasou a ser delegado da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en Ourense. Volveu ser elixido concelleiro de Xinzo de Limia nas municipais de 2011 e foi primeiro tenente alcalde. O 21 de marzo de 2018 o alcalde Antonio Pérez Rodríguez presentou a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello tras ser condenado por prevaricación, e foi elixido alcalde de Xinzo de Limia o 6 de abril.. Porén, presentou a súa dimisión en agosto dese mesmo ano,La Voz de Galicia, 7-8-2018, p, 10. sendo substituído polo seu compañeiro Manuel Cabas López.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xinzo de Limia
Ligazóns externas Biografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Xinzo de Limia