Arachnocampa luminosa é unha especie de insecto cínfano endémico de Nova Zelandia. Tanto a fase de larva como a de imago son luminescentes. A especie é coñecida por habitar en covas, espenucas, cafurnas e lugares húmidos protexidos nas fragas. O seu nome maorí é titiwai, que quere dicir "proxectado sobre a auga".

A especie foi descrita por vez primeira en 1871 cando foi descuberta nunha mina de ouro na rexión de Thames. Ó principio pensouse que podería estar relacionada co Lampyris noctiluca europeo, pero en 1886, un profesor de Christchurch demostrou que era un cínfano, non un escaravello. Foi chamada Bolitiphila luminosa en 1891, antes de cambiar o nome por Arachnocampa luminosa en 1924.

Notas

Véxase tamén Bibliografía The New Zealand Glowworm by V.B. Meyer-Rochow, 1990, Published by Waitomo Caves Museum Society. 60 pages (ISBN 0-908683-09-X) The Glow-Worm, Ormiston Walker and Judy Kerdel, MacMillan New Zealand, 1990, ISBN 0-7329-0121-9. Glowworm article, Encyclopædia Britannica, 15th edition Broadley, R. A. (2012) Notes on pupal behaviour, eclosion, mate attraction, copulation and predation of the New Zealand glowworm Arachnocampa luminosa (Skuse) (Diptera: Keroplatidae), at Waitomo. New Zealand Entomologist 35(1): 1-9. Broadley, R. A. and Stringer, I.A.N. (2009) Larval behaviour of the New Zealand glowworm, Arachnocampa luminosa (Diptera: Keroplatidae), in bush and caves. In: V.B. Meyer-Rochow (Ed.), Bioluminescence in Focus - A Collection of Illuminating Essays (pp. 325–355). Research Signpost. Kerala. Broadley, R.A. and Stringer, I.A.N. (2001) Prey attraction by larvae of the New Zealand glowworm, Arachnocampa luminosa (Diptera: Mycetophilidae). Invertebrate Biology 120 (2): 170-177.

Categoría:Animais descritos en 1890 Categoría:Bioluminescencia Categoría:Fauna endémica de Nova Zelandia