Oddworld: Abe's Oddysee é un videoxogo de plataformas desenvolvido por Oddworld Inhabitants e distribuído por GT Interactive. Foi estreado en 1997 para as consolas PlayStation, DOS e Microsoft Windows en América do Norte, Australia e Europa. O videoxogo foi lanzado baixo o título no Xapón para PlayStation polo distribuidor SoftBank, cunha versión para PC no 2001. A versión de Game Boy de Abe's Oddysee, titulado como Oddworld Adventures, foi desenvolvida por Saffire Corporation e distribuído por GT Interactive en 1998.
O xogo céntrase na personaxe de Abe, un escravo Mudokon na fábrica de procesamento de carne 'RuptureFarms'. Cando descobre que os seus compañeiros Mudokons van a ser masacrados, decide escapar e liberar a tódolos Mudokons escravizados que poida. O xogador asume o papel de Abe mentres comeza unha perigosa aventura para emancipar o seu pobo oprimido.
Oddworld: Abe's Oddysee foi amplamente aclamado polo seu modo de xogo innovador, os seus gráficos, e as súas escenas cinemáticas envolventes. Porén, o sistema de salvado a través de puntos de salvado recibiu críticas. Foi o primeiro videoxogo da serie Oddworld con cinco entregas, na que están incluídas as súas secuelas directas, Oddworld: Abe's Exoddus, Oddworld: Munch's Oddysee e Oddworld: Stranger's Wrath. Un remake titulado Oddworld: New 'n' Tasty! foi desenvolvido por Just Add Water e distribuído por descarga dixital no 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 1997 Categoría:Videoxogos cancelados de Sega Saturn Categoría:Videoxogos de plataformas Categoría:Videoxogos de DOS Categoría:Videoxogos de PlayStation Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Game Boy