miniatura|dereita|Telescopio esférico. O Telescopio esférico de cincocentos metros de apertura (en inglés Five-hundred-meter Aperture Spherical radio Telescope ou FAST; en ) ou Tianyan (en ) é un radiotelescopio que comezou a funcionar en xaneiro de 2020 nunha conca natural de Da Wo Dang (en 大窝凼洼地), no Condado de Pingtang, provincia Guizhou, no suroeste da China. Historia

Planificado no 2001, a construción do proxecto FAST comezou en 2011 e estivo en probas dende setembro de 2016. Con 500 m de diámetro é o segundo radiotelescopio máis grande do mundo despois do ruso RATAN-600, o cal ten unha apertura de baixa densidade de enchido. Por esa característica, o FAST considérase o máis grande do mundo, superior ó de Arecibo, que deixou de funcionar en 2020. Custou 700 millóns de iuans (arredor de 110 millóns de dólares). Asegúrase que pode escanear dobre cantidade de ceo que o de Arecibo, multiplicando por catro a súa sensibilidade. Consta de 4450 paneis.

Para evitar interferencias foron desaloxadas unhas 10 000 persoas dos seus arredores.

Notas

Categoría:China Categoría:Radiotelescopios