A Salamandra atra é un anfibio urodelo da familia dos salamándridos."AmphibiaWeb.org" (en inglés).  

Características

Esta salamántiga pode medir ata 16 cm e é dunha cor negra brillante, aínda que ocasionalmente pode ser apardazada.Arnold, E. N. & Burton, J. A. (1978), p. 34.

Posúe glándulas velenosas na zona dorsal a modo de protección contra os depredadores."Paradais sphynx (cat) - Salamandra Alpina" (en castelán).

Os machos son máis pequenos cás femias: as dimensión máximas son 144 mm para os machos, e ata os 151 mm para as femias.Salamandra atra na EOL.

Distribución e hábitat Vive normalmente en bosques, pero tamén por riba do límite das árbores, en praderías alpinas, e montañas de rochas calcarias da zona dos Alpes e os Balcáns, entre os 700 e os 2 800  m de altitude.

Pode encontrarse en Albania, Alemaña, Austria, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Francia, Italia, Liechtenstein, Montenegro, Serbia e Suíza.Franco Andreone, Mathieu Denoël, Claude Miaud, Benedikt Schmidt, Paul Edgar, Milan Vogrin, Jelka Crnobrnja Isailovic, Rastko Ajtic, Claudia Corti, Idriz Haxhiu (asesores) (2009): Salamandra atra na Lista vermella da UICN. Versión 2016-3. Consultada o 3 de abril de 2017.

Normalmente agóchase baixo pedras, toros de árbores e buratos que reteñan a humidade.

Bioloxía Alimentación Ten a mesma dieta cá salamántiga común, e aliméntase tamén de artrópodos de movemento lento, vermes e moluscos que caza, sobre todo, pola noite. Durante o día, só sae despois da choiva.

Reprodución A salamántiga alpina ten unha maneira especial de ter as crías. A femia é fecundada en terra seca, como a salamántiga común, pero xestación dura 2 anos ou mesmo máis tempo.A fase larval ten lugar no interior da femia, dentro dos ovidutos., polo que as crías nacen xa metamorfoseadasO parto prodúcese de novo en terra seca. As crías, dúas por camada, por termo medio, saen polo tanto totalmente formadas e miden ao redor de 4 cm."Waza.org - Salamandra atra " (en castelán). Excepcionalmente a camada pode chegar até catro crías.

Taxonomía miniatura|240px|Salamandra atra atra. miniatura|240px|Apareamento da Salamandra atra. miniatura|240px|Salamandra atra aurorae.

Descrición A especie foi descrita en 1768 polo médico e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra:

Laurenti, J. N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan Thomae, pp. 1–217 (Ler o texto íntegro).

Etimoloxía O epíteto específico, atra provén do adxectivo latino ater, atra, atrum, "negro" ou "escuro", en referencia á súa cor.

Sinónimos Salamandra fusca Laurenti, 1768 Salamandra nigra Gray, 1850 Salamandra nera Dugès, 1852 Salamandra alpestris Knauer, 1883 Salamandra atra prenjensis Miksic, 1969 Salamandra atra aurorae Trevisan, 1982 Salamandra aurorae Trevisan, 1982 Salamandra atra pasubiensis Bonato & Steinfartz, 2005

Subespecies Recoñécense catro subespecies:Salamandra atra no NCBI.

S. atra atra Laurenti, 1768, a subespecie nominal. S. atra pasubiensis Bonato & Steinfartz, 2005, restrinxida a unha pequena área da provincia italiana de Vicenza (Véneto), no monte Pasubio, cuberta de pequenas manchas amarelas. S. atra aurorae Trevisan, 1982, presente na Italia nororiental, nunha área restrinxida nos altoplanos de Vezzena e de Asiago, cuberta de amplas manchas esvaecidas branco-amarelentas que a fan moi parecida á píntega ou salamántiga común. Foi elevada a rango de especie por algúns autores. S. atra prenjensis Miksic, 1969, difundida polos montes Cvrsnica e Prenj nos Alpes Dináricos, preto de Saraxevo. É unha subsespecie de validez cuestionada.Dubois & Raffaëlli (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela)". Alytes, vol. 26, pp. 1-85.

Status de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou en 2009 o estado de conservación da especie como LC (pouco preocupante), cualificación que se mantén a día de hoxe, debido á súa ampla área de distribución, a tolerancia en certa medida á modificación do seu hábitat, á presumíbel gran poboación, e porque é pouco probable que esta estea declinando rapidamente como para cualificar o seu estado nunha categoría ameazada.

Porén, a subespecie Salamandra atra aurorae cualifícase en perigo crítico porque a súa área de dispersión é probablemente de menos de 100 km2, todos os individuos poden estar nun só lugar, e continúa o declive da calidade do seu hábitat no Altopiano dei Sette Comun, nos preralpes italianos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Arnold, E. N. & Burton, J. A. (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 94-2820-488-8.

Outros artigos Urodelos Salamandroideos Salamándridos

Ligazóns externas Salamandra atra en Amphibian Species of the World. Salamandra atra en AmphibiaWeb Salamandra atra en Fauna Europaea. Salamandra atra Laurenti, 1768 no ITIS. Salamandra atra no NCBI. Salamandra atra na EOL .

Categoría:Urodelos Categoría:Animais descritos en 1768