Erasmus Darwin, nado en Elston o 12 de decembro de 1731 e finado en Breadsall o 18 de abril de 1802, foi un médico e pensador inglés. Foi un dos pensadores clave da Ilustración inglesa, e tamén un filósofo natural, fisiólogo, abolicionista do comercio de escravos, inventor e poeta. Os seus poemas incluían moita historia natural, como o tema da evolución e a relación entre todas as formas de vida. Foi membro da familia Darwin–Wedgwood, da que forman parte os seus netos Charles Darwin e Francis Galton. Darwin foi un membro fundador da Sociedade Lunar de Birmingham, un grupo de discusión de industrialistas pioneiros e filósofos naturais. Rexeitou unha invitación do rei Xurxo III para ser médico do rei.
A Erasmus Darwin House, a súa casa en Lichfield, foi convertida en museo dedicado a el e a súa obra. Unha escola preto de Chasetown convertida en Academia financiada polo estado leva o nome de Erasmus Darwin Academy.
Traxectoria
miniatura|upright|Molde dun busto de pedra de Erasmus Darwin, de W. J. Coffee, c. 1795. miniatura|dereita|Casa de Darwin en Lichfield, agora un museo dedicado á súa vida e obra. Erasmus Darwin naceu en Elston Hall, Nottinghamshire preto de Newark-on-Trent, Inglaterra, e foi o máis novo dos sete fillos de Robert Darwin de Elston (1682 – 1754), un avogado, e da súa muller Elizabeth Hill (1702–97). O nome Erasmus xa o levaran varios membros da súa familia e deriva do seu devanceiro Erasmus Earle, Common Sergent de Inglaterra durante o goberno de Oliver Cromwell.Burke's Landed Gentry, Darwin formerly of Downe, 1966 Concretamente, chamábanse igual ca el Erasmus Alvey Darwin (1804–1881), neto de Erasmus Darwin e irmá de Charles Darwin, e Erasmus Darwin IV (1881–1915), fillo de Horace Darwin, e neto de Charles Darwin.
Os irmáns de Erasmus Darwin foron: Robert Waring Darwin de Elston (1724 – 1816) Elizabeth Darwin (1725 – 1800) William Alvey Darwin (1726 – 1783) Anne Darwin (1727 – 1813) Susannah Darwin (1729 – 1789) Charles Darwin, párroco de Elston (1730 – 1805)
Foi educado na escola de Chesterfield, e despois no St John's College, Cambridge."Darwin, Erasmus (DRWN750E)" . A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge. Estudou medicina na Escola Médica de Edimburgo. Non se sabe con certeza se Darwin chegou a obter o título de doutor en medicina. Darwin estableceuse en 1756 como médico en Nottingham, pero tivo pouco éxito e mudouse un ano despois a Lichfield para intentar establecerse e practicar a medicina alí. Unhas poucas semanas despois da súa chegada, utilizando un novo tratamento, conseguiu que recuperase a saúde un home cuxa morte parecía inevitable, o que lle deu sona e asegurou o seu éxito na nova localidade. Darwin foi un médico de grande éxito durante máis de cincuenta anos nos Midlands, Inglaterra. O rei Xurxo III propúxolle ser médico real, pero Darwin non aceptou. En Lichfield, Darwin escribiu "poesía didáctica", desenvolveu o seu sistema de evolución, e inventou, entre outras cousas, un mecanismo para dirixir carruaxes, un copiador de manuscritos e unha máquina parlante.
Vida persoal miniatura|A obra do pintor Joseph Wright de Derby, Erasmus Darwin (1770; Birmingham Museum and Art Gallery). Erasmus Darwin casou dúas veces e tivo 14 fillos, incluíndo dúas fillas ilexítimas cunha empregada, e, posiblemente, polo menos outra filla ilexítima máis.
En 1757 casou con Mary (Polly) Howard (1740–1770). Tivo con ela catro fillos e unha filla, dous dos cales (un fillo e a filla) morreron na infancia:
Charles Darwin (1758–1778), tío do naturalista artífice da teoría da evolución por selección natural Charles Darwin. Erasmus Darwin II (1759–1799) Elizabeth Darwin (1763, só viviu 4 meses) Robert Waring Darwin (1766–1848), pai do naturalista e evolucionista Charles Darwin William Alvey Darwin (1767, morreu aos 19 días)
A súa primeira esposa morreu en 1770. Contratou unha institutriz, Mary Parker, para que coidase de Robert. A finais de 1771, Darwin e a súa empregada empezaron a relacionarse intimamente e tiveron dúas fillas ilexítimas: Susanna Parker (1772–1856) Mary Parker Jr (1774–1859)
Susanna e Mary Jr estableceron despois un internado para rapazas. En 1782, a súa nai Mary Parker (a institutriz) casou con Joseph Day (1745–1811), un comerciante de Birmingham e mudouse do lugar.
É posible que Darwin fose pai doutro fillo, esta vez cunha muler casada. Unha muller chamada Lucy Swift deu a luz a unha meniña en 1771, tamén chmada Lucy, que foi bautizada pola súa nai e un tal William Swift, pero hai razóns para pensar que o verdadeiro pai era Darwin. Lucy Jr. casou con John Hardcastle en Derby en 1792 e a súa filla Mary, casou co médico Francis Boott.
En 1775 Darwin coñeceu a Elizabeth Pole, filla de Charles Colyear, 2ª Earl de Portmore, e esposa do coronel Edward Pole (1718–1780); pero como estaba casada, Darwin só puido darlle a coñecer os seus sentimentos por medio de poesías. Porén, cando morreu Edward Pole, Darwin e Elizabeth casaron e mudáronse á casa dela, Radbourne Hall, preto de Derby. En 1782, mudáronse á rúa Full de Derby. Tiveron catro fillos, un dos cales morreu na infancia, e tres fillas:
Edward Darwin (1782–1829) Frances Ann Violetta Darwin (1783–1874), casada con Samuel Tertius Galton, foi a nai de Francis Galton Emma Georgina Elizabeth Darwin (1784–1818) Sir Francis Sacheverel Darwin (1786–1859) John Darwin (1787–1818) Henry Darwin (1789–1790), morto na infancia. Harriet Darwin (1790–1825), casada co almirante Thomas James Maling
Morte Darwin morreu repentinamente o 18 de abril de 1802, semanas despois de terse mudado a Breadsall Priory, ao norte de Derby. O seu corpo foi enterrado na Igrexa de todos os Santos de Breadsall. A figura de Erasmus Darwin conmemórase nun dos monólitos da Lunar Society, unha serie de monumentos en Birmingham.
Escritos
Traballos botánicos e a Sociedade Botánica de Lichfield Darwin formou a Sociedade Botánica de Lichfield co obxectivo de traducir as obras do botánico sueco Linneo do latín ao inglés, tarefa que lles levou sete anos. A sociedade, malia o seu nome, estaba composta só por tres homes: Erasmus Darwin, Sir Brooke Boothby e John Jackson, supervisor da Catedral de Lichfield (fl. 1740s–1790s). Jackson era tamén libreiro e impresor en Lichfield. Cando Darwin deixou Lichfield en 1781, Jackson encargouse do seu xardín botánico. A súa filla, Miss Mary A(nn) Jackson de Lichfield (fl. 1830s–1840s), foi unha ilustradora botánica, e autora de Botanical Terms illustrated (1842) e Pictorial Flora (1840). O resultado dos traballos da Sociedade Botánica foron dúas publicacións: A System of Vegetables entre 1783 e 1785, e The Families of Plants en 1787. Nestes volumes, Darwin acuñou moitos dos nomes ingleses de plantas que se usan hoxe.
Darwin despois escribiu The Loves of the Plants, un longo poema, que foi unha representación popular dos traballos de Linneo. Darwin tamén escribiu Economy of Vegetation, e ambos foron publicados xuntos co nome The Botanic Garden. Entre outros escritores aos que el influíu estaban Anna Seward e Maria Jacson.
Zoonomía O traballo científico máis importante de Darwin foi Zoonomia (1794–1796), que contén un sistema de patoloxía e un capítulo sobre 'Xeración'. Neste último anticipa algunhas das ideas de Jean-Baptiste Lamarck, que anunciaban a moderna teoría da evolución. Os traballos de Erasmus Darwin foron anos despois lidos e comentados polo seu neto o naturalista Charles Darwin. Erasmus Darwin baseou as súas teorías na teoría psicolóxica de David Hartley do asociacionismo.Allen, Richard C. 1999. David Hartley on human nature. Albany, N.Y.: SUNY Press. ISBN 0-7914-4233-0 A esencia do seu punto de vista está contido na pasaxe seguinte, na que chega á conclusión de que a vida orgánica se orixinou a partir dun só tipo de filamento vivo inicial:
[Acaso] sería demasiado simple imaxinar que na gran duración do tempo, dado que a Terra empezou a existir, quizais millóns de eras antes do comezo da historia da humanidade, sería demasiado simple imaxinar, que todos os animais de sangue quente se orixinaron a partir dun filamento vivo, que A GRAN PRIMEIRA CAUSA dotou coa animalidade, co poder de adquirir novas partes atendidas con novas propensións, dirixidas por irritacións, sensacións, volicións, e asociacións; e así posuíndo a facultade de continuar a mellorarse pola súa propia inherente actividade, e de transmitir aquelas melloras por xeración á súa posteridade, por sempre xamais? (Ver orixinal:Orixinal: "Would it be too bold to imagine, that in the great length of time, since the earth began to exist, perhaps millions of ages before the commencement of the history of mankind, would it be too bold to imagine, that all warm-blooded animals have arisen from one living filament, which THE GREAT FIRST CAUSE endued with animality, with the power of acquiring new parts, attended with new propensities, directed by irritations, sensations, volitions, and associations; and thus possessing the faculty of continuing to improve by its own inherent activity, and of delivering down those improvements by generation to its posterity, world without end!")Erasmus Darwin, Zoonomia: Project Gutenberg text XXIX.4.8
Erasmus Darwin tamén anticipou idea da selección natural en Zoönomia principalmente cando escribiu sobre os "tres grandes obxectos de desexo" de todo organismo: "luxuria, fame e seguridade." Outra salientble anticipación que aparece en Zoönomia relacionada coa selección natural é a idea de Erasmus sobre o modo en que as especies se autopropagaban. A idea de Erasmus de que "os animais máis fortes e máis activos deberían propagar a especie, a cal debería así quedar mellorada" era case idéntica á futura teoría de supervivencia do máis apto.
Erasmus Darwin estaba familiarizado co pensamento protoevolucionista de James Burnett, Lord Monboddo, e citouno no seu traballo de 1803 Temple of Nature.
Poema sobre a evolución Erasmus Darwin fixo a primeira insinuación da teoría da evolución nunha pregunta ao final dunha nota a rodapé no seu popular poema The Loves of the Plants (1789), que foi reeditado na década de 1790 varias veces como The Botanic Garden. O seu concepto poético era antropomorfizar os órganos sexuais masculino (estame) e feminino (pistilo) da flor, como un noivo e unha noiva. Nesta estrofa sobre a flor da cúrcuma as "xuventudes" son infértiles, e dedica a nota a rodapé a outros exemplos de órganos asexuados das flores, castas de insectos, e finalmente asocia isto máis amplamente con moitos casos populares ben coñecidos de órganos vestixiais (mamilas dos machos, o segundo par de ás das moscas etc.)
Woo'd with long care, CURCUMA cold and shy Meets her fond husband with averted eye: Four beardless youths the obdurate beauty move With soft attentions of Platonic love.
O longo poema final de Darwin, The Temple of Nature foi publicado postumamente en 1803. O poema titulábase orixinalmente The Origin of Society. É considerado a súa mallor obra poética. Céntrase na súa propia concepción da evolución. O poema traza unha progresión da vida desde os microorganismos á sociedade civilizada. O poema contén unha pasaxe que describe a loita pola existencia.
A miúdo fai referencia tamén aos seus intereses en ciencia; por exemplo a botánica e o motor de vapor.
A súa poesía foi admirada por Wordsworth, aínda que Coleridge foi moi crítico con ela, e escribiu, "Repúgname totalmente o poema de Darwin".Uglow, Jenny (21 September 2002b). "Sexing the plants". The Guardian. Retrieved 12 March 2015.
Educación das mulleres